Escritos africanos. Entre Galicia y el Rif. Una mirada desde la periferia

Data de publicación:

Escritos Africanos é o resultado da intensa relación entre o autor e o territorio rifeño onde reside na actualidade, observado dende a diversidade cultural e a complicidade emocional.

A primeira parte é un caleidoscopio inacabado do imaxinario colectivo alhucemí en construción despois de case un século de existencia da cidade de Al Hoceima/Alhucemas; un imaxinario no que a cultura hispánica e os seus logros positivos seguen xogando un papel tan silenciado a nivel oficial como o sente boa parte da poboación local.

A segunda parte destaca a presenza de numerosos soldados de ascendencia galega nas guerras de África e explora a visión de varios soldados/cronistas galegos na última guerra do Rif, comparándoa coa proporcionada polas grandes novelas españolas do “Ciclo Annoual” : El Blocao, Imán y La forja de un rebelde. De xeito complementario, vincula o relato daqueles cronistas ben co papel omitido do pobo riffiano, ben coa posición dos distintos nacionalismos periféricos dentro do Estado español (catalán, galego, vasco) en relación coa expansión colonial española en África, unha actitude máis próxima á antiguerra que ao anticolonialismo.

Presentación

Parte primeira
Parte segunda
Parte terceira
Parte cuarta

Máis imaxes e contido