Galegos nas guerras do Rif. Paisaxe bélica e imaxinario anticolonial (1860-1927)

Data de publicación:

A literatura española contemporánea mantivo unha intensa relación co territorio do Rif. Moi influído pola intervención colonial, no discurso literario predominan a temática bélica e o pexorativo tratamento dado á poboación autóctona. Naquela xeografía tamén se falou na nosa lingua, mais o colectivo galaico pasou desapercibido para as narrativas. Tanto a devandita ausencia como a imaxe periférica da resistencia rifeña, chamaron a nosa atención. Propoñemos, pois, unha análise destas invisibilidades, comparándoa coas percepcións dalgúns escritores galegos presentes en Marrocos. O obxectivo sería enxergar se estes foron quen de construír un imaxinario anticolonial con duplo percorrido: o recoñecemento da propia identidade no contexto da presenza militar hispana en África e a toma en consideración do pobo rifeño como protagonista dunha silenciada loita de liberación.

O libro, editado polo Instituto Galego de Historia e Murguía Revista Galega de Historia, pódese comprar nas principais librerías do país e “on line” na páxina web do Consorcio Editorial Galego www.consorcioeditorial.com