RADIOGRAFÍA DA REPRESIÓN FRANQUISTA NO CONCELLO DE BEARIZ (1936-1953)
Mortos
Espiña Muradas, Francisco (Os Liñares): Canteiro, afiliado á CNT, traballou nas obras do camiño de ferro domiciliándose en Requejo (Zamora). Detido e preso na cadea de Puebla de Sanabria, foi procesado o 11 de agosto de 1936 e condenado a 15 anos de cadea; sen embargo, foi asasinado en Zamora o 4 de xaneiro de 1937, cando tiña 42 anos.
Persoas de fora que apareceron mortas no Concello de Beariz no período 1936-1953:
Barreiro Cortizo, Jesús (Barcia do Seixo/A Lama): Asasinado na Porta Feixa-Doade-Xirarga o 17 de decembro de 1937.
Persoas de fora represaliadas en territorio do Concello de Beariz:
Gómez, Celedonio (San Xoán de Río): Deportado a Beariz entre 1936 e 1938.
Unha primeira achega aos veciños e naturais de Beariz encadeados, perseguidos e exiliados:
Amaro Conde, Evaristo: Depurado do seu cargo de mestre nacional de Beariz.
Barbazán Ramos, Manuela: Depurada do seu cargo de mestra nacional de Xirarga.
Cores Muradas, Julio (Muradas): Exiliado tras a guerra civil en Sao Paulo (Brasil); retornou no ano 1954.
Cortizo Cortizo, Florentino (Cabada-Xirarga): Canteiro afiliado á CNT e ao grupo libertario “Luiggi Fabri”, operativo en Xirarga nos derradeiros tempos da República. Participou nunha marcha cara O Carballiño nos días do golpe militar cun grupo de persoas do seu lugar, sendo interceptados pola Garda Civil, logo de derrubar algún cruceiro. Ao se iniciar a contenda, puido pasar á zona republicana enrolándose en Madrid no Exército Popular na zona Centro, polo que unha vez rematada aquela foi perseguido incoándoselle un Expediente de Responsabilidades Políticas a partir de 1939.
Cortizo Cortizo, Manuel (Cabada-Xirarga): Labrador, 40 anos. Afiliado á Sociedad de Agricultores y Oficios Varios de Beariz. Participou a carón do seu irmán na marcha a O Carballiño. Máis tarde salvouse de ser “paseado” pola intervención do crego de Xirarga, pero obrigárono a reconstruír os cruceiros derrubados. Padeceu un Expediente de Responsabilidades Políticas en 1941, co resultado dunha sanción de 200 pts. e 4 anos de inhabilitación.
Cortizo Diz, Albino (Abeleira-Xirarga): Canteiro de profesión, 36 anos. Participou en Asturias na contenda civil formado parte do Exército Republicano; finalizada a contenda, foi detido pola Guardia Civil en Avión o 22/5/1939, ingresando na cadea Provincial de Ourense o día seguinte. Tras pasar dez meses en prisión froito da delación dun parente, trasladárono á Colonia Penal de Burgos o 9/3/1940. Tamén foi encartado nun sumario baixo a xurisdición militar no ano 1939, sen que fora procesado xa que resultou arquivado en xaneiro de 1942. Ao cabo, foille incoado un Expediente de Responsabilidades Políticas a partir de 1939, do que foi indultado.
Cortizo Diz, Encarnación (Abeleira-Xirarga): Foille incoado un Expediente de Responsabilidades Políticas a partir de 1939.
Cortizo Diz, Manuel (Abeleira-Xirarga): Canteiro, 38 anos, casado, afincado en Cernadelo (Santa Mariña de Presqueiras); foi detido e inculpado en Ourense o 9/11/1944, sobreséndose a Causa militar e ficando en liberdade o 7/1/1945.
Diz Ramos, José (Alén-Xirarga): Dependente, 22 anos. Detido en Ourense e presentado á Caja de Recluta o 24/3/1940. Foi enviado á Colonia Penal Miranda de Ebro o 29/5/1940.
Domínguez Pérez, Asunción: Depurada do seu cargo de mestra nacional de Magros.
Fernández Crespo, Cristeta: Depurada do seu cargo de mestra nacional de Beariz.
Fortes Janeiro, Benito (Muradás): Chófer de profesión, 24 anos, foi detido o 21/09/1940 por orde da autoridade militar (Caja de Recluta) e liberado o 9/12/1940.
Gea Navarro, Inocencio: Depurado do seu cargo de mestre nacional de Magros.
González Crespo, Dorinda (Lebozán): Detida pola Guardia Civil a instancia do Gobernador Militar de Ourense o 16/10/46 e ingresada na cadea de Ourense, por vínculos coa guerrilla. Foi trasladada á Cadea Provincial de Pontevedra o 1/11/1946.
Grego Roubín, Manuel: Depurado do seu cargo de mestre nacional de Xirarga.
Gulías Gulías, Ramiro (Muradás): Ferreiro, de 62 anos. Detido o 6/11/1941 por orde do Gobernador Civil e ingresado na cadea de Ourense. Foi liberado o 13/12/1941.
Janeiro Fortes, Francisco (A Forxa): Era carpinteiro, 35 anos. Xulgado en Ourense baixo a xurisdición militar o 17 de setembro de 1936 acusado de roubar dinamita para voar pontes, a causa ficou sobresida en xullo de 1947. O 18 de xuño de 1937 ingresou na cadea provincial de Ourense.
Lamas Gulías, Benito: Depurado do seu cargo de mestre nacional de Beariz.
López González, Adolfo (A Ermida-Lebozán): Labrego, foi detido o 21/1/1949, acusado de encubridor da partida guerrilleira que o día 8/1/1949 axustizou ao mestre falanxista Jesús Couceiro e á súa muller en Soutelo de Montes. Foi condenado a un ano de cadea.
López González, Ramón (A Ermida-Lebozán): Labrego e irmán do anterior. Detido pola Guardia Civil a instancia do Gobernador Militar de Ourense o 16/10/46 e ingresado na cadea de Ourense, por vínculos coa guerrilla. Foi trasladado á Cadea Provincial de Pontevedra o 1/11/1946. Anos despois, foi detido o 21/1/1949, acusado de encubridor da partida guerrilleira que o día 8/1/1949 axustizou ao mestre falanxista Jesús Couceiro e á súa muller en Soutelo de Montes. Foi condenado a un ano de cadea.
López González, Jesús: Labrego e irmán dos anteriores. Detido pola Guardia Civil a instancia do Gobernador Militar de Ourense o 16/10/46 e ingresado na cadea de Ourense, por vínculos coa guerrilla. Foi trasladado á Cadea Provincial de Pontevedra o 1/11/1946.
López Muradás, Manuel (Arnelas): Labrador, 35 anos, residente en Xovelle-Boborás. Detido pola Guardia Civil de Boborás, ingresa na cadea de Ourense o 7/12/1940.
Marcos, Leopoldo: Peón camineiro de Doade. Xulgado pola xurisdición militar en 1940.
Miras Azor, Aurelio: Depurado do seu cargo de mestre nacional en Lebozán.
Moure Trelles, Rodolfo: Depurado do seu cargo de mestre nacional de Doade.
Muradás Lamas, Manuel (Alvite): Empregado, 21 anos. Detido en Alvite o 3/4/1940, ingresando o mesmo día na cadea provincial de Ourense por orde do Gobernador Militar. Foi excarcerado o 4/6/1940.
Pardo, Manuel (Magros): Capitán do Exército Republicano durante a guerra, debeu se agachar na súa localidade natal dous ou tres anos antes de se exiliar, primeiro en Francia e logo no Brasil.
Pérez, Serafín (Bouza): Foille incoado un Expediente de Responsabilidades Políticas a partir de 1939.
Pérez Rodríguez, Blanca: Depurada do seu cargo de mestre nacional de Lebozán.
Pérez Rodríguez, María Gloria: Depurada do seu cargo de mestra nacional de Alvite.
Ruso Janeiro, Victorino (Magros): Foille incoado un Expediente de Responsabilidades Políticas a partir de 1939.
RADIOGRAFÍA DA REPRESIÓN FRANQUISTA NO CONCELLO DE CERDEDO (1936-1953)
Mortos:
Arca Valiñas, Francisco (Figueroa): Asasinado polos falanxistas na Ponte do Barco (Pedre) na noite do 13 de agosto de 1936. Canteiro, tratante de gando e dirixente da “Sociedad `El Trabajo´” de Figueroa (CNT) e de “Izquierda Republicana”.
Bugallo Iglesias, Secundino, “O Cambo” (Barciela/Castrelo-Figueroa): Asasinado polos falanxistas na Ponte do Barco (Pedre) na noite do 13 de agosto de 1936. Antigo emigrante nos EE.UU (1929), canteiro, tratante de gando, dirixente da “Sociedad `El Trabajo´” (CNT) e de “Izquierda Republicana”. Foi sometido a Consello de Guerra póstumamente e a súa casa expoliada.
Bugallo Lois, Gerardo (Figueroa): Fillo do anterior, foi detido xunto co seu pai e salvado do “paseo” polo cabo da Garda Civil de Cerdedo, Avelino Sánchez. Mobilizado á forza no exército nacional, foi asasinado recen finalizada a guerra por un falanxista cerdedense implicado na morte do seu pai, que recoñeceuno na estación do camiño de ferro de León, cando regresaba ao seu domicilio dende Valencia. Afiliado á “Sociedad `El Trabajo´” (CNT). Un veciño e compañeiro de armas chamado José Álvarez, ficou trastornado tras presenciar os feitos e pouco despois apareceu morto en estrañas circunstancias ao se guindar dende o Alto da Presa, perto da Fábrica da Luz de Cerdedo.
Cortizo González, José (Barro-Arén). Asasinado por falanxistas cerdedenses e souteláns na estrada Pontevedra-Santiago na noite do 11 de agosto de 1936. Estaba afiliado ao PSOE.
Ferreiro Álvarez, Martín (Outeiro-Quireza): Naceu en 1892. Concelleiro de Obras do Axuntamento de A Coruña, onde residíu na etapa republicana, e secretario da “Liga de Derechos del Hombre” na capital herculina. Agachado en Quireza ao comezo da guerra na casa da súa irmá Divina co seu irmán Antonio, en outono de 1936 pasou a Portugal axudado por un portugués que fora empregado seu, logo a Francia e por último á zona republicana (Levante e Catalunya), onde loitou. Foi internado ao rematar a Guerra Civil no campo de Argelés sur Mer, emprazado no Mediodía francés. Apresado polos alemáns, foi deportado ao campo de concentración de Mauthausen no que morrerá en setembro de 1941. Pertenceu a “Unión Republicana”.
Gaiteiro Nogueira, Herminio (Parada): Canteiro afiliado ao PSOE, afincado na localidade asturiana de Piedras Blancas-Oles Villaviciosa. Durante a Guerra Civil foi delegado do “Sindicato Metalúrgico” (UGT) en la Fábrica de Armas, xefe dunha unidade disciplinaria do Exército Popular da República e responsable da prisión municipal. Foi xulgado en Xixón, condenado a morte e executado o 15 de febreiro de 1938.
Garrido, Manuel, “O Negro” ou “O Resucitado” (Fondós): Canteiro de profesión, foi dado por morto en Alba cun tiro no peito, na noite do 11 de agosto de 1936. Puido zafar grazas á axuda da súa muller, que lle curou as feridas. Debeu andar agachado un tempo na Poza da Moura (Fondós) e nunha cova perto da Fonte Xesteira nas Veigas de Candas (entre Vilar e Castro), xunto con Xosé da Leira e o seu xenro Pérez, ambos de Filgueira. Tamén estivo entobado baixo o forno da súa casa, para evitar que remataran a faena os franquistas. Nese período, a súa muller Esperanza Barros (Esperanza de Dominga) recibiu malleiras para que dixera onde estaba; non obstante, foi delatado por unha veciña do lugar e estivo preso por pouco tempo antes de finalizar a Guerra Civil. Era militante destacado do PSOE.
Lois Ventín, Ramiro (Piñeiro): Curmán de Erundino, Manuel e Olegario Ventín Rivas. Xulgado en Zamora, foi “paseado” nun lugar descoñecido da provincia de Zamora (posiblemente a Canteira do Suspiro) zamorana o 2 de decembro de 1936. Traballador do camiño de ferro Zamora-Ourense, no tramo de A Gudiña-Requejo, con residencia no campamento de Santa Bárbara (Nueva Puebla).
Mosquera Vázquez, Eulogio (Limeres): Residía fora de Cerdedo. Detido por “comunistoide”, foi ingresado na cadea de Burgos, dende onde mantivo correspondencia coa súa familia de Limeres ata 1939. Logo, deixou de enviala e, seica, morreu de enfermidade ou malos tratos na cadea.
Paz Cachafeiro, José (Cerdedo): Secretario no ano 1933 da “Federación de Agricultores y Obreros del Ayuntamiento de Cerdedo” (CNT). A guerra colleuno en Sama de Langreo, desempeñando o cargo de corresponsal de prensa. Foi xulgado e fusilado en Oviedo, o 30 de maio de 1938.
Plata Prieto, José (de As Quintas-Codeseda, pero casado e veciño de Laxoso): Loitou no Exército Republicano na zona Centro. Fusilado tras a Guerra Civil, no ano 1939.
Tato Cadórniga, Manuel (Loureiro): Tenente do Exército Republicano na 39 Brigada Mixta, 153 Batallón, operativa na defensa de Madrid e na fronte de Teruel; antes estivera na Columna del Rosal. Internado no campo de Albatera ao remate da contenda, foi xulgado en Consello de Guerra, por presuntos delitos na zona republicana. Foi trasladado á cadea de Lugo o 14/7/1939; alí faleceu de caquexia infecciosa (tuberculose pulmonar) e por falta de asistencia médica na propia cadea, o 27/2/1940. Afiliado ao “Sindicato Único del Ramo de la Construcción” de Madrid (CNT), ao Ateneo Libertario de Vallehermoso e á “Sociedad `El Trabajo´” de Figueroa (CNT).
Tato Fernández, Darío (Loureiro): Curmán do anterior, aveciñado en Liripio (A Estrada) e afiliado ás mesmas entidades sociais e sindicais e integrado tamén en idénticas unidades militares. Finalizada a guerra, na que participou como dinamiteiro, foi detido en Cerdedo, enviado a Madrid e alí encadeado o 28/4/1939 na prisión provincial da rúa do Barco. Xulgado en Consello de Guerra, celebrado na capital do Estado o 10/7/1940, resultou condenado a morte por participar na rebelión e realizar presuntas denuncias a dereitistas. Foi asasinado naquela cadea logo de, segundo a versión dos franquistas, atacar a un funcionario de prisións cando ía ser trasladado á Cárcel de Porlier para ser fusilado.
Torres Paz, José (Cerdedo): Asasinado por falanxistas cerdedenses e souteláns no lugar de Alba, na estrada Pontevedra-Santiago, na noite do 11 ao 12 de agosto de 1936. Escribinte do Concello, era un cadro histórico da Agrupación Socialista local xa que fora concelleiro antes da Ditadura de Primo de Rivera. Xa morto, foi sometido a Consello de Guerra.
Troitiño Beiro, Benjamín (¿?): Fusilado en Santiago o 4 de xuño de 1937 tras Consello de Guerra. Traballaba como canteiro na construción dun pantano no Tambre e residía en Liñaio (Negreira). Estaba afiliado á “Sociedad de Oficios y Profesiones Varias” de Negreira e A Baña (CNT).
Varela Garrido, Francisco, “Pancho” (Cerdedo): Era membro destacado de “Izquierda Republicana” e secretario interino do Concello. Foi apresado no pobo de Monleras (Salamanca) onde se tiña refuxiado coa complicidade do seu sobriño, o contratista de obras e falanxista Ramón Cachafeiro Varela. Foi condenado a morte en Consello de Guerra celebrado en Pontevedra e fusilado en Monteporreiro (Pontevedra) o 27 de xullo de 1937.
Ventín Barreiro, Perfecto (Tres Aldeas): Xulgado en Zamora e fusilado no cemiterio de San Atilano, na capital zamorana, o 31 de decembro de 1936. Traballador do camiño de ferro Zamora-Ourense no tramo de A Gudiña-Requejo con residencia no campamento de Santa Bárbara (Nueva Puebla), pertencía ao PSOE e á UGT de A Gudiña.
Ventín Rivas, Manuel (Tres Aldeas-As Quintas/A Estrada): Sobriño de Perfecto, xulgado en Zamora, foi fusilado no cemiterio de San Atilano, na capital zamorana, o 31 de decembro de 1936. Traballador do camiño de ferro Zamora-Ourense no tramo de A Gudiña-Requejo con residencia no campamento de Santa Bárbara (Nueva Puebla), estaba afiliado ao PSOE e á UGT de A Gudiña.
Ventín Rivas, Olegario (Tres Aldeas-As Quintas/A Estrada): Sobriño de Perfecto, xulgado en Zamora, foi fusilado no cemiterio de San Atilano, na capital zamorana, o 31 de decembro de 1936. Traballador do camiño de ferro Zamora-Ourense no tramo de A Gudiña-Requejo con residencia no campamento de Santa Bárbara (Nueva Puebla), estaba afiliado ao PSOE e á UGT de A Gudiña.
Ventín Rivas, Erundino (Tres Aldeas-As Quintas/A Estrada): Sobriño de Perfecto, xulgado en Zamora, foi fusilado no cemiterio de San Atilano, na capital zamorana, o 31 de decembro de decembro de 1936. Traballador do camiño de ferro Zamora-Ourense no tramo de A Gudiña-Requejo con residencia no campamento de Santa Bárbara (Nueva Puebla), estaba afiliado ao PSOE e á UGT de A Gudiña.
Mortos loitando no Exército Popular da República:
Álvarez Rodríguez, Francisco (Laxoso): Foi Comisario Político no Exército Popular. Afiliado ao PCE?.
Arca Gamallo, Manuel (Figueroa): Marmolista, cadro do “Sindicato Único del Ramo de la Construcción” de Madrid (CNT) e da “Sociedad `El Trabajo´” (CNT). Combatente do Exército do Centro, faleceu en Madrid no mes de novembro de 1936.
Corral, Jesús (Loureiro): Combatente do Exército do Centro, faleceu en Brunete en xullo de 1937.
Cortizo Arén, Ángel (?): enrolado no Exército Popular en Asturias, onde morre en data indeterminada. Dubidoso. Fichado na Sección Político-Social do Centro Documental de la Memoria de Salamanca.
Espiñeira Iglesias, Julio (Castro do Medio): Membro destacado do PSOE.
Fernández Fuertes, José (?): Natural do Concellode Cerdedo, morre en combate na localidade asturiana de Laciana no mes de setembro de 1936.
García Bugallo, José (Figueroa): Do “Sindicato Único del Ramo de la Construcción” de Madrid (CNT) e da “Sociedad `El Trabajo´” (CNT). Combatente do Exército do Centro, faleceu na fronte de Madrid en agosto de 1937.
García Fondós, José (Vilalén): Miliciano, aveciñado en Castiello-Villaviciosa (Asturias), morre en combate na fronte oriental de Asturias o 9 de outubro de 1937.
Obelleiro Costa, Secundino (Figueroa): Era do “Sindicato Único del Ramo de la Construcción” de Madrid (CNT) e da “Sociedad `El Trabajo´” (CNT). Fillo de Aniceto Obelleiro. Combatente no Exército de Asturias, faleceu en combate nun lugar indeterminado.
Otero Pardo, Manuel (Castro): Do “Sindicato Único del Ramo de la Construcción” de Madrid (CNT) e da “Federación de Agricultores y Obreros del Ayuntamiento de Cerdedo” (CNT). Combatente do Exército do Centro, faleceu na fronte de Madrid en febreiro de 1937.
Otero Peleteiro, José (Piñeiro): Canteiro afiliado ao “Sindicato Único del Ramo de la Construcción” de Madrid (CNT) e a “Sociedad `La Alianza´” de Quireza (CNT). Combatente do Exército do Centro, faleceu en outubro de 1937 na fronte de Madrid.
Pereira Fuentes, Raimundo (Laxoso): Do “Sindicato Único del Ramo de la Construcción” de Madrid (CNT) e da “Federación de Agricultores y Obreros del Ayuntamiento de Cerdedo” (CNT). Combatente do Exército do Centro, faleceu na fronte de Madrid no mes de marzo de 1938.
Portela, Higinio (Loureiro): Pertencía ao “Sindicato Único del Ramo de la Construcción” de Madrid (CNT) e era cadro sinalado da “Sociedad `El Trabajo´” de Figueroa (CNT). Faleceu en Talavera de la Reina no segundo semestre do ano 1936.
Pose Pérez, José (Laxoso).
Quibén Simal, Antonio (Loureiro): Do “Sindicato Único del Ramo de la Construcción” de Madrid (CNT) e da “Sociedad `El Trabajo´” de Figueroa (CNT). Combatente do Exército do Centro, faleceu en combate no mes de marzo de 1938 na Serra de Mogorrón (Guadalajara).
Rivas, Secundino (A Barbeira): Loitou no Exército Popular da República e morreu nun hospital de Monóvar (Alicante).
Sieiro Torres, Perpetuo (Loureiro): Combatente do Exército do Centro, faleceu en combate no mes de xaneiro de 1937 na fronte de Madrid.
Simal Penelas, José (Figueroa): Canteiro, pertencía ao “Sindicato Único del Ramo de la Construcción” de Madrid (CNT) e á “Sociedad `El Trabajo´” de Figueroa (CNT). Combatente do Exército do Centro, na Brigada Líster, ingresou ferido no Hospital Provincial de Valencia o 22/03/1937 ata o 6/5/1937. Morreu en Brunete en xullo de 1937.
Simal Penelas, Eladio (Figueroa): Idem. Faleceu en combate na Serra de Mogorrón (Guadalajara) en abril de 1938.
Simal Penelas, Agustín (Figueroa): Idem. Faleceu en combate na provincia de Guadalajara en xuño de 1937.
Tato Cadórniga, Benigno (Loureiro): Afiliado ao “Sindicato Único del Ramo de la Construcción” de Madrid (CNT) e á “Sociedad `El Trabajo´” de Figueroa (CNT). Combatente do Exército do Centro, faleceu en Brunete no mes de xullo de 1937.
Umia, Ramiro (Serrapio).
Varela Piñeiro, Manuel (Vilarchán).
Naturais e veciños de Cerdedo, milicianos do Exército Popular da República e falecidos na inmediata posguerra a causa das feridas de guerra ou das mutilacións:
Obelleiro Gamallo, Agustín (Figueroa): Afiliado ao “Sindicato Único del Ramo de la Construcción” de Madrid (CNT) e cadro sinalado da “Sociedad `El Trabajo´” (CNT). Participou na guerra integrado en diversas unidades do Exército do Centro. Suicidouse no seu lugar de orixe, desesperado debido ás mutilacións de guerra que lle imposibilitaban para o traballo, sen recibir ningunha pensión de minusvalía por parte do Estado debido á súa condición de combatente republicano.
Rodríguez, Severo (Vilar): Miliciano do Exército do Centro. Preso ao finalizar a contenda e liberado en estado terminal por padecer feridas mortais, morreu no seu domicilio.
Simal Penelas, Manuel (Figueroa): Canteiro integrado no “Sindicato Único del Ramo de la Construcción” de Madrid (CNT) e a “Sociedad `El Trabajo´” (CNT), loitou no Exército do Centro nun rexemento de Artillería a cabalo. Ferido na fronte de Madrid, foi ingresado no Hospital Provincial de Valencia o 25 de xaneiro de 1937. Preso ao rematar a guerra, morreu aos poucos na súa localidade natal debido ás feridas de guerra, cando aínda non cumprira 30 anos.
Naturais e veciños de Cerdedo mortos na zona republicana durante a Guerra Civil, vítimas civís de accions de guerra:
Albor Carballás, José (?): Natural de Cerdedo e veciño de Solis-Corvera (Asturias), morreu nun bombardeo en Santander o 2/8/1937, aos 80 anos de idade.
Persoas non aveciñadas que apareceron mortas no Concello de Cerdedo no período 1936-1953:
González Valeiras, José, “O Pintor” (Señorín/Carballiño): Mecánico de profesión, foi asasinado na Abelera (Pedre) no 9 de setembro de 1936.
De Sojo Aznar, Jesús (natural de Ortigueira, veciño de Vigo) e Pino Soto, Alfonso (de Vigo), vinculados presuntamente á guerrilla, obxecto da “lei de fugas” en decembro de 1948 entre A Granxa (Loureiro) e o monte de Porriñeiras (Figueroa) a mans da Guardia Civil, que os apresou na zona de A Baiúca e A Portela (fronteira entre A Estrada e Forcarei), nun lugar de paso habitual dos guerrilleiros. Viñan fuxindo dende Vigo, seica coa intención de se integrar na guerrilla antifranquista na provincia de Ourense. É un caso dubidoso, pois outras fontes acreditan en delitos comúns.
Unha primeira achega aos cerdedenses encadeados, perseguidos e exiliados:
Alonso Arenas, José, mestre nacional en Folgoso, suspendido e separado do seu cargo, con baixa no escalafón, en 1940.
Alonso Rivas, Avelino (A Devesa): Veciño de Sabucedo; cando o golpe militar exercía como garda municipal destinado no Concello de Lavadores. De ideario socialista. Participou na resistencia ao movemento militar no seu lugar de residencia; logo durante case dous anos andou fuxido no monte e tamén na casa de Manuel Gil, en Laxoso, onde foi detido pola garda civil e falanxistas de Sabucedo en decembro de 1938 e trasladado ao cuartelillo de Cerdedo. Primeiro foi xulgado o 27 de xullo de 1936 en rebeldía; tras a detención, padeceu torturas e aturou un novo Consello de Guerra o 21 de xaneiro de 1939, sendo condenado a 12 anos de prisión, que pasou nas cadeas de Pontevedra e Vigo. A resultas das penalidades que soportou, sufriu graves secuelas sicolóxicas. No ano 1978 afiliouse de novo á Agrupación Socialista de Cerdedo.
Álvarez Álvarez, Manuel: Depurado do seu cargo de mestre nacional de A Insua. En setembro de 1936 reintegrouse ao seu posto.
Álvarez Fortes, Cesáreo (Cerdedo): Militante do PSOE, estivo emigrado durante a IIª República en Laciana (Asturias), onde traballou de albanel. Xulgado en Oviedo e condenado a 20 anos de prisión, foi internado no campo de concentración de Camposancos (A Guarda).
Amor García, José (Figueroa?): Foi obxecto dun Expediente de Responsabilidades Políticas no ano 1940 e indultado en 1941.
Andrés “do Rato” (Vilarchán?, Fondós?): Mallado polos falanxistas de Cerdedo.
Arca Rivas, Rogelio (Figueroa): Fillo de Francisco Arca Valiñas, e canteiro coma el. Estaba afiliado ao “Sindicato Único del Ramo de la Construcción” de Madrid (CNT), ao Ateneo Libertario de Vallehermoso e á “Sociedad `El Trabajo´” de Figueroa (CNT). O golpe militar colleuno en Madrid, onde traballaba xunto con outros veciños no enlousado das rúas. Fixo a guerra voluntario primeiro na Columna del Rosal e logo na 39 Brigada Mixta, 153 Batallón, do Exército Republicano do Centro; ao rematar estivo un tempo preso no campo de concentración da Praza de Touros de Teruel e, logo, nunha Compañía de Revisión constituída no Cuartel das Mercedes de Lugo. Máis tarde, obtivo a liberdade condicional e debeu se presentar a diario no cuarteliño da Garda Civil de Cerdedo. Daquela, segundo as súas lembranzas, aos que loitaran no bando republicano “non se lles tiña en conta para nada, non eran ninguén…”.
Areán Otero, Cándida: Depurada do seu cargo de mestra nacional de Parada. En setembro de 1936 reintegrouse ao seu posto.
Ares Sánchez, José: Depurado do seu cargo de mestre nacional de Parada. En setembro de 1936 reintegrouse ao seu posto.
Armada Escudero, Mª del Carmen: Depurada do seu cargo de mestra nacional de Piñeiro. En setembro de 1936 reintegrouse ao seu cargo.
Barros Barros, Armando (Pedre): Canteiro, de ideas espiritistas e antigo concelleiro. Perseguido.
Basteiro Penela, Miguel (Laxoso): Canteiro, residente en Codeseda (A Estrada), de ideoloxía comunista. Condenado a 12 anos e 1 día por auxilio á rebelión, en xuízo militar celebrado en Pontevedra o 10 de setembro de 1936. Estivo preso en San Simón, onde quedou tolleito de por vida. En setembro de 1939 saíu en liberdade vixiada, por conmutación de pena.
Benigno “de Doval” (Quireza): Sufriu varias malleiras por parte dos falanxistas de Quireza na “cheka” do Outeiro (Quireza), debendo abandonar o seu domicilio.
Bértolo Taboada, José Mª (?): Residente en Gondomar pero nacido en Cerdedo, foi xulgado en Consello de Guerra andando setembro de 1936 acusado de rebelión militar. A causa foi sobresida de xeito provisorio.
Blas Obelleiro, José (Filgueira): Depurado do seu cargo de mestre nacional de Tres Aldeas. En setembro de 1936 reintegrouse ao seu cargo; en 1938 afiliado á Falange, onde continuaba en 1945.
Bouzas Castro, Ramiro: Depurado do seu cargo de mestre nacional de Deán. En setembro de 1936 reintegrouse ao seu posto.
Bugallo, Francisco (Loureiro): Canteiro, estaba afiliado ao “Sindicato Único del Ramo de la Construcción” de Madrid (CNT), ao Ateneo Libertario de Vallehermoso e á “Sociedad `El Trabajo´” de Figueroa (CNT). O golpe militar colleuno en Madrid, onde traballaba xunto con outros veciños no enlousado das rúas. Fixo a guerra voluntario primeiro na Columna del Rosal e logo na 39 Brigada Mixta, 153 Batallón, do Exército Republicano do Centro; ao rematar estivo un tempo preso no campo de concentración da Praza de Touros de Teruel e, logo, nunha Compañía de Revisión constituída no Cuartel das Mercedes de Lugo. Máis tarde, obtivo a liberdade condicional e debeu se presentar a diario no cuarteliño da Guardia Civil de Cerdedo.
Bugallo Alonso, José Mª. (?): Mineiro-picador, 24 anos, residente en Ponferrada. Ingresa na cadea de Ourense procedente da cadea de Ponferrada o 22/09/1940; trasladado á Prisión Provincial de Pontevedra o 23/09/1940.
Bugallo Bouzas, Laudino (Os Castros-Quireza): Canteiro, afiliado ao “Sindicato Único del Ramo de la Construcción” de Madrid e membro sinalado da “Federación de Agricultores y Obreros del Ayuntamiento de Cerdedo” (CNT). Tamén foi concelleiro na corporación de Cerdedo entre 1931 e 1934. Preso logo de rematar a guerra, que fixo no Exército Republicano en Madrid, cando voltou a Cerdedo foi perseguido e maltratado polos falanxistas de Quireza.
Bugallo Camiña, Ángel (Cerdedo):Estudante e dependente da farmacia.Foi o último secretario de “Izquierda Republicana” en Cerdedo. Dende setembro de 1936 pasou varios meses no depósito municipal de Forcarei como preso preventivo e de alí ingresou na Prisión Provincial de Pontevedra. Foi procesado polo militar en 1937 acusado de rebelión e condenado a 20 anos de prisión, dos que cumpriu tres na Colonia Penitenciaria da Illa de San Simón e na Prisión de Astorga. Finalmente, a comezos dos anos 40 a concesión da farmacia que rexentara o seu pai Gumersindo Bugallo en Cerdedo pasou en circunstancias que descoñecemos a un destacado farmacéutico “camisa vieja” falanxista, debendo se trasladar a Sanxenxo onde continuou en liberdade vixiada.
Bugallo Camiña, Elena (Cerdedo): Irmá do anterior, tamén aturou persecucións e malos tratos.
Bugallo Merza, Jesús (Deán): Tío de Francisco Bugallo. Retornado dos EEUU, foi membro da Comisión Xestora do Concello tras o 14 de Abrilo de 1931, logo concelleiro en 1931 e, por último, concelleiro/síndico na Fronte Popular; membro sinalado da “Sociedad `El Trabajo´” de Figueroa. Figuraba na “lista negra” xunto con Francisco Arca, Secundino Bugalllo e Benigno Simal para ser asasinado o 13 de agosto de 1936. Xunto co derradeiro, puideron ser avisados e fuxir ao monte a través dos campos de millo, exiliándose posteriormente na Arxentina.
Bugallo Merza, Manuel (Deán): Irmán do anterior, tamén exiliado na Arxentina.
Bugallo Valiñas, Severino (Cerdedo): Tesoureiro do axuntamento e concelleiro en 1931 e na Fronte Popular, foi xunto co seu irmán Sabino o organizador de “Izquierda Republicana” na vila de Cerdedo, malia que en 1936 xa figuraba no PSOE. Figurou na “lista negra” xunto con Torres, Taberneiro, Cortizo, Garrido e González, para ser asasinados o 11 de agosto de 1936. Salvouse polo seu cuñado Vicente García Dapena “O da Carteira”, xefe de Falange en Soutelo de Montes, que o reclamou cando estaba cos devanditos no Cuartel das Milicias de Falange en Pontevedra. Despois dun tempo agachado na igrexa da Magdalena (Soutelo) contando coa complicidade do crego Aquilino López Picón, andivo fuxido por Limeres, pola Chamadoira e polo Monte do Seixo. Posteriormente puido embarcar para Cuba no porto de Vilagarcía, acompañado polo seu irmán Sabino. Pasou logo aos EEUU, retornando á zona republicana coas “Brigadas Internacionales”. Estivo destinado en Reus e Salou (Tarragona), trasladándose a Francia co remate da guerra; alí foi internado no campo de Argelés, de onde fuxiu a Bordeaux para participar na resistencia contra os alemáns. Preso no ano 1941, foi deportado a España por Irún e xulgado, pasando catro anos en diversos internados como preso político, entre eles nun campo de concentración en Villaverde (Madrid) traballando en “Reconstrucción Nacional”, nas cocheras de Vigo, ou na factoría de Barreras. No ano 1938, foi multado polo Gobernador Civil de Pontevedra con 500 pts.
Bugallo Valiñas, Sabino (Castro Docabo/Cerdedo): Comerciante (a súa muller tiña unha taberna en Castro Docabo) e presidente de “Izquierda Republicana” no municipio, foi tamén dirixente da “Sociedad de Agricultores y Canteros” daquela parroquia. Membro da comisión xestora do Concello tras o 14 de Abril de 1931. Figuraba entre os sentenciados a sufrir o “paseo” por parte dos falanxistas na noite do 11 de agosto de 1936, pero puido zafar metido nun carro de millo, marchando dende o comezo da contenda ao monte. Liscou a Cuba co seu irmán dende o porto de Vilagarcía, disfrazado de crego. Logo, exiliouse en Bos Aires, onde morreu. No ano 1940 foille incoado un Expediente de Responsabilidades Políticas e condenado a 5 anos de inhabilitación e á multa de 500pts..
Cachafeiro Cachafeiro, Manuela: Depurada do seu cargo de mestra nacional de Folgoso. En setembro de 1936 reintegrouse ao seu posto.
Camiña Losada, Carolina mestra nacional en Barro, suspendida do seu cargo en setembro 1936, tras o que se lle trasladou fora da provincia durante 5 anos.
Campos, José (A Cavadosa): Propietario dunha serraría, aturou malos tratos a mans dos falanxistas debido ás súas ideas esquerdistas.
Canabal Iglesias, José (Pedre): Canteiro. Detido no ano 1939 pola Guardia Civil, reclamado pola súa implicación na Revolución de Asturias de 1934. No ano 1951 emigrou a Brasil.
Carballal Iglesias, Antonio (Serrapio): Foi Comisario Político do Exército Popular de Andalucía. Procesado en Madrid, pasou algún tempo na cadea.
Carballal Iglesias, Arturo (Serrapio): Irmán do anterior. Da CNT, enrolado no Exército Republicano na zona Centro. Logo da derrota, foi procesado en Madrid e botou un tempo preso na cadea de Lugo, de onde liscou e pasou a Portugal, para retornar e atopar refuxio a comezos dos anos 40 en senllas casas de Caroi e Vilapouca. Logo, entregouse e casou cunha filla ilexítima de Víctor Lis Quibén.
Carballo Quintillán, José (Tomonde): Mestre nacional en Veiga Brañas, unha aldea de Pedrafita do Cebreiro (Lugo). Afiliado á “Asociación de Trabajadores de la Enseñanza” (UGT) nos derradeiros tempos da República, tivo que fuxir ao monte da súa parroquia natal nos primeiros días do alzamento militar. Posteriormente, en agosto de 1936 foi detido xunto con outros once veciños de Tomonde; daquela, estivo primeiro ingresado no depósito municipal de Forcarei e logo como preso preventivo na Prisión Provincial de Pontevedra, de onde saíu en liberdade no mes outubro de 1937. Nese ano, tamén foi encausado nun sumario pola xurisdición militar, aínda que non chegou a ser procesado. Foi sometido, así mesmo, a Expediente de depuración do Maxisterio na provincia de Lugo. Segundo algunhas fontes (Rodríguez Fraiz, A.; 2001), padeceu persecución por parte dos falanxistas e o internaron no penal da Illa de San Simón.
Castro Dapena, Rosendo (?): Albanel orixinario do Concello de Cerdedo, participou na guerra integrado no Batallón 219 de Asturias, denominado “Galicia”. Desfeita a fronte do Norte, foi procesado en Asturias no ano 1937.
Castro Gasols, Remedios: Depurada no seu cargo de mestra nacional en Cerdedo. En setembro de 1936 reintegrouse ao seu posto.
Cortizo, Casimiro (Limeres): Membro da sociedade agraria de Lourido, o 20 de xullo de 1936 participou en Cerdedo na concentración de persoas armadas na defensa da República. Logo, foi perseguido e debeu marchar exiliado a Brasil.
Cortizo Arén, José (Carballás): Canteiro, posiblemente afiliado ao Sindicato de la Construcción-CNT de Madrid, onde estivo a traballar. Zafou dun posible paseo por parte dos falanxistas mediante unha confidencia, pero debeu andar fuxido por un tempo no monte.
Díaz Gutiérrez, Joaquina: Depurada do seu cargo de mestra nacional en Pedre. En setembro de 1936 reintegrouse ao seu posto.
Díaz Pérez, Adelino: Depurado do seu cargo de mestre nacional en Vilarchán. En setembro de 1936 reintegrouse ao seu posto.
Dios Vázquez, Mª del Carmen: Depurada do seu cargo de mestra nacional en Castro. En setembro de 1936 reintegrouse ao seu posto.
Diz Bugallo, Manuel, “Papeleiro”, (Figueroa): Canteiro, estaba afiliado ao “Sindicato Único del Ramo de la Construcción” de Madrid (CNT), ao Ateneo Libertario de Vallehermoso e á “Sociedad `El Trabajo´” de Figueroa (CNT). O golpe militar colleuno en Madrid, onde traballaba xunto con outros veciños no enlousado das rúas. Fixo a guerra voluntario primeiro na Columna del Rosal e logo na 39 Brigada Mixta, 153 Batallón, do Exército Republicano do Centro. Xulgado o 6/5/1939 en Consello de Guerra celebrado en Madrid por presuntos delitos producidos na zona republicana, foi condenado a 30 anos de prisión e posto en liberdade a comezos dos anos 40. Emigrou a Venezuela no ano 1950.
Diz Bugallo, José (Figueroa): Tivo o grado de sarxento na 39 Brigada Mixta, 153 BON do Exército do Centro. Tras pasar polo mesmo campo de concentración que Rogelio Arca, foi condenado en Consello de Guerra celebrado en Madrid o 31/10/1939 a 6 anos de prisión, que soportou na construción do Valle de los Caídos, redimindo penas polo traballo. Liberado en 1942, tivo que se presentar con regularidade no cuarteliño da Guardia Civil de Cerdedo, polo que se lle impediu traballar no tendido do camiño de ferro en Lubián ou no Val de Arán; tamén foi obxecto dun Expediente de Responsabilidades Políticas no ano 1940. En consecuencia, no tivo outra que emigrar a Venezuela no ano 1950.
Diz Lois, Encarnación: Depurada do seu cargo de mestra nacional de Bugarín. En setembro de 1936 reintegrouse ao seu posto.
Durán, Francisco? (A Cavadosa): Canteiro, segundo algunhas fontes orais recibiu continuas malleiras por parte dos falanxistas, cuxas secuelas producíronlle a morte anos despois. Outra versión sitúa estes mesmos feitos en relación cun veciño de Abelaíndo, cuxa filiación descoñecemos.
Durán Medianich, José A., mestre nacional de Loureiro, suspendido tras o golpe militar e confirmado no seu cargo en maio de 1937.
Escudero Quintillán, José (Tomonde): Encausado en sumario pola xurisdición militar no ano 1937, non foi procesado e ficou ao dispór do Delegado Militar de Orden Público de Pontevedra.
Espasandín, Manuel (Quireza?): Estivo exiliado en Francia, logo de loitar no Exército Republicano. Padeceu o campo de concentración de Argelés e foi internado polos alemáns en Mauthausen, logrando sobrevivir. Morreu no exilio.
Esperanza Barros (Esperanza de Dominga) (Fondós): Muller de Manuel Garrido “O Negro”. Cando o seu home estivo fuxido, foi axexada e mallada en repetidas ocasións para que delatara ao seu home, cousa que non fixo.
Fentanes Paz, José (Pedre): Canteiro, de 27 anos, aveciñado en Pradoalbar (Vilariño de Conso, Ourense). Detido pola Guardia Civil en Pradoalbar o 21/9/1937, ingresou na Prisión Provincial de Ourense por orde do Gobernador Militar o 30/9/1937. Unha vez excarcerado o 7/10/1937, se lle obrigou a incorporarse ao Exército franquista. Emigrou ao Brasil en 1952.
Fernández Méndez, Mº del Carmen: Depurada do seu cargo de mestra nacional de A Insua. En setembro de 1936 reintegrouse ao seu posto.
Fernández Ovelleiro, David (Fondós): Mestre nacional no Serrapio, suspendido do seu cargo en setembro 1936 e confirmado no seu posto en setembro de 1938. A fins de 1936, integrouse na Falange e andou implicado na confeción de “listas negras” nas que figuraban veciños de esquerdas, máis tarde obxecto de múltiples extorsións realizadas polos falanxistas en territorio de Quireza. En 1945 non figura xa na Falange cerdedense.
Fernández Ovelleiro, Otilia (Fondós): Irmá do mestre David Fernández. Ela e o seu pai José Fernández Escudero foron ameazados polos falanxistas, que os levaron nunha camioneta para intimidalos. Máis tarde, foi rapada na taberna de Outeiro. Emigrou a Brasil no ano 1940.
Ferreiro Álvarez, Antonio (Outeiro-Quireza): Irmán de Martín e Francisco Ferreiro, traballou como contratista no ramo da edificación coruñés durante a República. Refuxiado en Quireza con Martín, foi detido en Tui cando tentaba pasar diñeiro ao seu irmán que estaba refuxiado en Portugal. Internado nun comezo en San Simón, aturou un Consello de Guerra celebrado en Pontevedra en novembro de 1936, no que foi condenado a 12 anos de prisión acusado de auxilio á rebelión.
Ferreiro Álvarez, Francisco (Outeiro-Quireza): Concelleiro en 1931. Foi multado no ano 1938 con 500 pts. pola Delegación de Orden Público de Pontevedra.
Ferrón Fernández, Delmiro (Pedre-Castro): Secretario da UGT de Pedre. Emigrado no Brasil no período da guerra, parte da súa familia que residía en Castro foi ameazada de morte polos falanxistas co beneplácito do crego Jesús Rodríguez Anllo.
Filgueiras Bouzas, ? (Figueroa): Canteiro, en 1936 traballaba nas obras do camiño de ferro Zamora-Ourense, na zona de A Vilavella. Foi detido e recluído no Mosteiro de Celanova, salvándose no último momento do “paseo”, por intervención de Paco Filgueiras, significado falanxista de Forcarei e parente seu. A súa familia mobilizouse para conseguir avais ao seu favor, indo á casa do alcalde de Cerdedo, Gerardo Lorenzo, en Quireza.
Filgueiras Rey, Secundino, (Vilar): Canteiro, ingresou na cadea de Ourense o 12/9/1936.
Fortes, Guillermo “Os da Carme de Gomallal” (Pedre): Pai e fillo. Eran espiritistas e masóns; nuns primeiros intres se ocultaron nun túnel feito no seu domicilio de A Poza, para logo fuxir a Brasil dende Portugal con papeis falsificados.
Fortes, José “Os da Carme de Gomallal” (Pedre): Pai e fillo. Eran espiritistas e masóns; nuns primeiros intres se ocultaron nun túnel feito no seu domicilio de A Poza, para logo fuxir a Brasil dende Portugal con papeis falsificados.
Fortes Paz, Serafín (Pedre): Seica pasou algún tempo na Colonia Penal da Illa de San Simón. Internado con posterioridade no Penal de San Cristóbal en Pamplona.
Fortes Garrido, Antonio (Pedre): Soldado do Regimiento de Infantería de Montaña nº 32 destinado en Asturias; foi procesado en maio de 1937 por desertar do Hospital de Sangre de Mondoñedo, onde estaba ingresado.
Fortes Palmeiro, Mª Obdulia: Nacida en 1888, dirixiu a carón de Francisco Varela Buela o Centro de Colaboración Pedagógica de Cerdedo. Autora da obras de teatro en galego como a de “As trampas das feiras”. Solteira, con moita cultura e declarada de esquerdas e galeguista. Depurada do seu cargo de mestra nacional en Cerdedo. En setembro de 1936 reintegrouse ao seu posto; tras ser ameazada polos franquistas, ocupou en outubro de 1937 o cargo de delegada en Cerdedo da Asociación de Maestras Católicas de Pontevedra. A pesar diso, se lle atribúe a frase: “eu son dunha dereita moi torta”, en referencia á súa verdadeira ideoloxía.
Fraga Alonso, Avelino (Quireza): Directivo da “Sociedad Agraria y Obrera `La Alianza´” de Quireza e antigo concelleiro. Debeu andar escapado ben tempo e tamén foi extorsionado polos falanxistas de Quireza.
Fraga de Lis, Balbino: Orixinario de Cutián. Militou nunha asociación católica de maxisterio durante a República. Depurado do seu cargo de mestre nacional en Figueroa. En setembro de 1936 reintegrouse ao seu posto, ingresando de contado na Falange cerdedense onde ocupou cargos de responsabilidade.
Fraiz Cota, Dionisio (Folgoso): Presidente da “Sociedad de Agricultores `La Soledad´” de Folgoso. Detido no verán de 1936, padeceu malos tratos no Cuartel da Guardia Civil de Cerdedo. Logo estivo internado na Escuela Normal de Pontevedra e foi xulgado nun sumario pola xurisdición militar, sendo sobresida a causa. Pasou anos en liberdade vixiada.
Gamallo Lois, Manuel (Cerdedo): Practicante e afiliado a “Izquierda Republicana”, detivérono nos primeiros intres do golpe e logo foi internado en San Simón no mes de setembro de 1936. Tras aturar un Consello de Guerra acusado de rebelión militar, foi condenado a cadea perpetua e estivo preso en Pontevedra e no Forte de San Cristóbal (Navarra). Saíu en liberdade no ano 1943.
Gamallo Bugallo, Manuel (Figueroa): Labrador, membro de ”Izquierda Republicana” e 2º tenente de alcalde da Corporación en 1931 e na Fronte Popular. Detido en abril de 1937 e sometido a Consello de Guerra que foi sobresido, estivo algún tempo preso na cadea provincial de Pontevedra.
Gamallo Quintillán, Jesús: Depurado do seu cargo de mestre nacional de Tomonde. En setembro de 1936 reintegrouse ao seu cargo; no ano 1945 estaba afiliado á Falange.
Gamallo Simal, Venancio (Filgueira): Canteiro, de ideas esquerdistas, padeceu unha tentativa de “paseo” por parte da Falange de Quireza, para que denunciase a outros veciños aos que pretendían extorsionar e roubar os falanxistas. Foi sometido a vixilancia por delación do crego da parroquia, xunto co seu pai Serafín Gamallo Penelas e o seu irmán Benjamín. Emigrou a Brasil no ano 1950.
Gandos, Fernando (Pedre): Era un coñecido ferreiro de ideas esquerdistas e recibiu a visita dos falanxistas para ser “paseado”. Puido escapar ao monte pola zona de San Isidro e alí botou un tempo agachado, coidando rabaños de cabras. A súa fragua foi rexistrada pola Garda Civil na procura de armas. Meses despois, amañou algunha pistola para os que estaban fuxidos no monte.
García, José (Fondós): Ferreiro de profesión, estivo moi perseguido polos falanxistas de Quireza.
García Beiro, Manuel (Cerdedo):De “Izquierda Republicana”.Ex secretario do Concello, integrante da súa Comisión Xestora tras o 14 de Abril de 1931 edirector dunha das bandas de música de Cerdedo; radicouse na Cañiza en 1934, para exercer como secretario do Concello. Ata alí proxectaron se desprazar falanxistas cerdedenses para localizalo e prendelo debido ás súas ideas republicanas, mais foi avisado a tempo de fuxir polo seu amigo David Paz Cachafeiro.
García Beiro, Raimundo (Vilar): Perseguido polos falanxistas de Cerdedo, tivo que se agachar un tempo no faio dunha casa da vila. Posteriormente conseguiu pasar a Portugal e dalí a Brasil, país do que non volveu.
García Castro, José (Filgueira): Era cuñado de Martín Ferreiro e axudoulle a fuxir a Portugal. Foi apresado xunto con Antonio Ferreiro e pasou uns meses na Illa de San Simón; en novembro de 1936 foi procesado por auxilio á rebelión en Consello de Guerra celebrado en Pontevedra e absolto. Posteriormente mantivo unha actitude próxima ao réxime franquista.
García Castro, Manuela (Cuíña): Tras padecer malos tratos e vexacións diversas, unha coñecida falanxista de Quireza cortoulle o pelo na “cheka” sita na taberna-tenda do Outeiro, por non dicir o paradoiro do seu home Gervasio Penela García que andaba fuxido.
García Escudero, Tomás (Outeiro): Extorsionado pola Falange de Quireza na taberna de Outeiro.
García Fondós, Manuel (Vilalén): Irmán de José García Fondós. Detido nos primeiros momentos, estivo como preso preventivo en Pontevedra e foi procesado por rebelión militar. Condenado a 12 anos de prisión, cumpriu parcialmente a condena na Illa de San Simón e na Prisión de Astorga. En liberdade vixiada dende o ano 1943, trasladouse a Riera de Somiedo (Asturias). Se lle instruíu un Expediente de Responsabilidades Políticas en 1941.
García Piñeiro, Felisa: Depurada do seu cargo de mestra nacional de Vilar de Figueroa. En setembro de 1936 reintegrouse ao seu posto.
García Ventín, Luciano (Fondós): Militante do PSOE na Fronte Popular (antes fora do Partido Radical Socialista), membro fundador da “Sociedad de Agricultores y Obreros `La Alianza´” de Quireza e dirixente ate 1933 da “Federación de Agricultores y Obreros del Ayuntamiento de Cerdedo”. 1º tenente de alcalde do Concello en 1931 e na Fronte Popular. Como derradeiro alcalde (accidental) republicano de Cerdedo, nomeado tras a retirada de Antonio Sueiro Cadavid, estivo fuxido no monte nos primeiros meses da contenda, pois era un dos máis buscados polos falanxistas para asasinalo. Logo aturou, segundo Antonio Rodríguez Fraiz, “moitas persecuciós e aldraxes” por parte dos elementos falanxistas de Quireza, entre elas extorsións na taberna do Outeiro e unha tentativa de asalto ao seu domicilio acontecida o 29 de outubro de 1936, Detido en febrero de 1937 e sometido a un Consello de Guerra que foi sobresido, estivo preso varios meses en Cerdedo, Pontevedra e San Simón. Era tío de Ramiro Lois Ventín.
García Vilaboa, Benigno (Quireza): Extorsionado e maltratado en dúas ocasións polos falanxistas de Quireza, na “cheka” instalada na taberna-tenda do Outeiro.
Garrido, Dorinda (Castro Docabo): Dona dunha taberna naquel lugar xunto coa súa irmá María, sufriron continuas requisas dos falanxistas de Quireza. A fins dos anos 40 marcharon para Venezuela.
Garrido, María (Castro Docabo): Dona dunha taberna naquel lugar xunto coa súa irmá Dorinda, sufriron continuas requisas dos falanxistas de Quireza. A fins dos anos 40 marcharon para Venezuela.
Garrido Paz, Teresa (Castro): Foi obxecto de expediente de depuración do seu cargo de mestra en Tomonde, polo que non puido exercer ata 1943. Sometida xunto a súa filla Clotilde a vixilancia, por delación do crego da parroquia de Santa Baia de Castro, José Rodríguez Anllo; tamén foi obxecto de múltiples extorsións por parte dos falanxistas de Quireza. En 1943 recuperou o seu traballo de mestra, pero foi obrigada a se trasladar a unha idade avanzada á remota localidade de Guillade-Crecente.
Gil Corbal (ou Carballo), Manuel (Laxoso): Foi detido e trasladado ao cuartelillo de Cerdedo a fins de decembro de 1938 por encubrir a Avelino Alonso Rivas, agachado baixo uns toxos na súa casa. A detención, tras grande despregue da garda civil e dos falanxistas de Sabucedo, debeuse a unha delación por parte do falanxista cerdedense Francisco Buján. Os veciños de Laxoso tentaron defendelo, pero foron ameazados polos gardas e polos falanxistas. Saíu en liberdade en febreiro de 1939.
González Fraiz, Marcial (Folgoso): Canteiro. Traballaba no camiño de ferro Zamora-Ourense, en Lubián. Fuxido a Portugal nos primeiros días do golpe militar, foi preso no posto da PVDE de Bragança o 4/8/36 e internado no forte de San Joâo de Deus, daquela capital portuguesa. Puido saír de Lisboa no “Nyassa” o 10/10/36 e desembarcou pouco despois en Tarragona.
González Monteagudo, Manuela (Quireza): Labradora, casada con Tomás García Escudero, foi obxecto de extorsións por parte dos falanxistas de Quireza xunto co seu home.
González Sampablo, Ángel: Afiliado a La Casa del Maestro de Pontevedra e á FETE-UGT. Depurado do seu cargo de mestre nacional de Carballás. En setembro de 1936 reintegrouse ao seu posto, ao ser considerado persoa de dereitas.
Iglesias, Juan (Tomonde): Encausado en sumario pola xurisdición militar no ano 1937, non foi procesado e ficou ao dispór do Delegado Militar de Orden Público de Pontevedra.
Iglesias, Miguel (Tresaldeas): Segundo a súa familia, perdéuselle o rastro cando tentaba exiliarse en Francia.
Lavandeira Durán, José Mª. (Cerdedo): Porteiro do Concello. Detido de xeito preventivo, figurou como encausado nun Consello de Guerra, no que logo non resultou procesado.
Lois Soto, Casimiro (Vilalén): Labrador e antigo emigrante nos EEUU, estivo fuxido nos primeiros días tras o golpe militar e logo preso no Cuartel da Garda Civil de Forcarei. Foi, xunto con outros veciños, obxecto dun simulacro de “paseo” por parte dos falanxistas. Unha vez posto en liberdade vixiada e temendo pola súa vida, foi reclamado a fins de 1936 polo cónsul de EEUU (país do que tiña a nacionalidade) en Vigo, pasou a Portugal e de alí ao país americano. Foi declarado en rebeldía nunha Causa Sumarísima aberta no ano 1937. Pai de Herminda Lois, cuñada de Antonio Rodríguez Fraiz.
López Fondós, Julio (Castro): Canteiro e dirixente da “Sociedad de Agricultores y Canteros” de Castro. Era membro do PSOE e fixo a guerra no exército republicano. Internado nun campo de concentración en Francia, retornou a España voluntariamente, pasando a outro campo de internamento (Miranda de Ebro?). Os familiares tentaron liberalo mediante unha carta do crego de Castro José Rodríguez Anllo, que, en realidade, presentábao como un orador e activista político destacado. Saíu do campo mercé un aval do alcalde franquista, Gerardo Lorenzo.
Luciano Martín, José (Cerdedo): Procesado no ano 1945 por delito de masonería.
Maceira Raris, Juan: Depurado do seu cargo de mestre nacional de Folgoso. En setembro de 1936 reintegrouse ao seu posto.
Mariño, Antonio (A Insua-Parada): De profesión canteiro, participou na Guerra Civil co Exército Republicano e ao remate da contenda estivo preso na cadea de Lugo.
Martínez Martínez, Manuel: Natural de Ciudad Real. De esquerdas, foi depurado do seu cargo de mestre nacional de Viduído. En setembro de 1936 reintegrouse ao seu posto. O seu irmán foi asasinado na súa cidade natal polos franquistas; ameazado de morte, en febreiro de 1938 se afiliou á Falange, continuando en 1945.
Molas Iglesias, Mª Cristina : Depurada do seu cargo de mestra nacional de Mamoalba. En setembro de 1936 reintegrouse ao seu posto.
Monteagudo, Mª Concepción: Depurada do seu cargo de mestra nacional de Limeres. En setembro de 1936 reintegrouse ao seu posto.
Monteagudo Ruzo, Manuel (Castro): Estivo encausado en Ferrol (onde facía a mili por Mariña) xunto con outros mariñeiros da Armada, acusados de facer garda no Concello de Fene baixo as ordes da lexítima autoridade municipal republicana, pero non foi procesado. Temendo pola súa vida, agachouse en Castro ata que o alcalde Gerardo Lorenzo dóulle un certificado de boa conduta, reincorporándose ao Exército.
Monteagudo Troitiño, Carmen (Figueroa): De ideas republicanas, aturou unha tentativa de asalto nocturno do seu domicilio por parte de falanxistas cerdedenses, así como numerosos rexistros. Ameazada de “paseo” por parte dos falanxistas, debeu abandonar a súa casa deixando as tres fillas a cargo doutros veciños. Protexida por un tío garda civil destinado en San Xurxo de Sacos e reclamada dende EEUU polo seu home, a familia abandonou Figueroa en 1948 para non volver.
Moreiras (Tomonde): Debeu aturar numerosas malleiras logo do 18 de xullo de 1936.
Nieto Castro, Manuel (Bugarín): Presidente da “Sociedad de Agricultores y Obreros `La Luz´” de Bugarín, estivo fuxido moito tempo no monte por Cuíñas e Serrapio. Moi perseguido polos falanxistas de Quireza, que lle extorsionaron e confiscaron unha camioneta da súa propiedade, e sometido a vixilancia por delación do crego da parroquia. En 1940 se lle instruíu un Expediente de Responsabilidades Políticas.
Obelleiro, Francisco (Os Castros-Quireza): Estivo entobado na súa casa durante a Guerra Civil durante moito tempo. Os falanxistas, que lle foron buscara ao seu domicilio en repetidas ocasións, propinaron constantes malleiras á súa muller para que o delatara e tirotearon a súa casa o 29 de outubro de 1936.
Obelleiro Cadavid, Aniceto (Figueroa): Directivo da “Sociedad `El Trabajo´” de Figueroa (CNT) e masón. Preso nun primeiro intre en Cerdedo, salvouse dunha morte segura por un parente falanxista (outras versións falan do crego da súa parroquia) que foi quen de conseguir que o desterraran a Burgos.
Otero, Julio (Tomonde): Estivo no Exército Republicano na zona de Tarragona e Castellón. Logo da contenda, pasou un tempo nun Batallón Disciplinario.
Otero Bértolo, José: Depurado do seu cargo de mestre nacional de Barro de Arén. En setembro de 1936 reintegrouse ao seu posto.
Otero Espasandín, Xosé (Castro): Profesor e escritor, residente durante a IIª República en Madrid, onde dirixiu a revista P.A.N. Nese tempo, foi simpatizante do PCE. Participou na guerra no bando republicano e formou parte da Alianza de Intelectuales Antifascistas. Rematada a contenda, pasou a Francia e foi confinado no campo de concentración de Saint Cyprien; máis tarde, estivo exiliado en Gran Bretaña, Arxentina e EEUU, onde faleceu tras realizar un meritorio labor cultural.
Otero Valiñas, Teófilo (Castro Docabo): De ideoloxía republicana e de profesión canteiro, tamén posuía unha fábrica de gasosas. Elixido concelleiro en 1931 e deposto do seu cargo logo da Revolución de Asturias de 1934, retornou á corporación na Fronte Popular. Foi condenado en Consello de Guerra celebrado en Pontevedra no ano 1937 a 20 anos de reclusión por “auxilio a la rebelión”. Estivo preso dende agosto de 1936, primeiro no depósito municipal de Forcarei, máis tarde na Prisión provincial de Pontevedra e por último na Illa de San Simón, de onde saíu en liberdade vixiada o 18 de xullo de 1940. Foi obxecto de Expediente de Responsabilidades Políticas no ano devandito e sometido a vixilancia por delación do crego da parroquia.
Paz Cachafeiro, David (Cerdedo): Irmán de José. Perseguido nun primeiro intre, debeu se agachar no seu domicilio. Posteriormente integrouse na garda cívica argallada polos facciosos, sen que conste participara en represalias; mesmo desprazouse á A Cañiza para previr a Manuel García da chegada dos falanxistas de Cerdedo, tal e como llo comentara o seu amigo Francisco Gutiérrez Torres, irmán dun dos instigadores. De calquera maneira, foi encausado nun sumario pola xurisdición militar sen que, ao cabo, resultara procesado.
Paz Fernández, Baltasar (Quireza): Emigrou primeiro a Villasinde (León) e logo a Barcelona, onde estivo afiliado ao “Sindicato de la Construcción”, Sección Piedra y Mármol, da CNT local. Participou como voluntario na Columna Durruti na defensa de Madrid e na fronte de Toledo. Xulgado en Consello de Guerra no ano 1939 en Barcelona, lugar onde residía no barrio de Sant Antoni, e condenado a 20 anos de reclusión por tráfico de armas. Estivo preso na cadea de Astorga a comezo dos anos 40. A súa muller, a berciana Cristina Fernández Pereira que traballaba de porteira de edificio, foi fusilada polos franquistas en Barcelona. Un fillo seu, José Paz Fernández, de 17 anos estivo no Exército republicano e foi confinado no campo de concentración de Aranda de Duero, para rematar na División Azul.
Paz Garrido, Mª Dolores (Castro): Depurada do seu cargo de mestra nacional de Quireza. En setembro de 1936 reintegrouse ao seu posto. Filla de Teresa Garrido Paz e casada co mestre Constantino Simal Simal.
Paz Garrido, Clotilde (Castro): Filla de Teresa Garrido Paz; obrigáronlle a varrer a rúa, cortáronlle o pelo e foi obxecto de vixilancia dos falanxistas por delación do crego da súa parroquia.
Peleteiro Gondariz, José (Pedre): Debeu fuxir do seu lugar con 16 anos, perseguido polos falanxistas. De profesión canteiro, emigrou ao Brasil no ano 1948.
Pena Arias, José (Cerdedo?): Recadador municipal, 62 anos. Detido en Brués-Boborás o 17/7/1937 pola Guardia Civil, ingresa tres días máis tarde na Prisión Provincial de Ourense.
Penela García, Gervasio (Cuíña): Andou fuxido no monte tras o golpe militar; en represalia, os falanxistas de Quireza raparon e maltrataron á súa muller.
Piñeiro, José (Vilalén): Fillo de Manuel Piñeiro Lois. Estivo preso nos primeiros intres no depósito municipal de Forcarei, incorporándose máis tarde ao Exército franquista.
Piñeiro Lois, Constantino (Vilalén): Encausado en sumario pola xurisdición militar no ano 1937, non foi procesado e ficou ao dispór do Delegado Militar de Orden Público de Pontevedra.
Piñeiro Lois, José (Vilalén): Estivo como preso preventivo na Prisión Provincial de Pontevedra, cando menos ate o verán de 1937. Encausado nun sumario pola xurisdición militar naquel ano, non foi procesado e ficou ao dispór do Delegado Militar de Orden Público de Pontevedra.
Piñeiro Lois, Manuel (Vilalén): Idem.
Piñeiro Piñeiro, Gumersindo (Quireza): Se lle instruíu un Expediente de Responsabilidades Políticas en 1940.
Quibén Reigosa, Elvira (Fondós): Dona dunha taberna, foi obxecto de continuas requisas e extorsións por parte dos falanxistas de Quireza, que a denominaban “Segunda Pasionaria”.
Quibén Simal, Jesús? (Loureiro): Do “Sindicato Único del Ramo de la Construcción” de Madrid (CNT) e da “Sociedad `El Trabajo´” de Figueroa (CNT). Irmán de Antonio, fixo o mesmo percorrido na guerra. Pasou ao exilio logo da derrota da República.
Rada (Carballás): Ferreiro de profesión,foi mallado polos falanxistas de Cerdedo no Cuartel da Garda Civil, seica por ter imitado a Xesucristo nun mitin en San Xoán durante a República. Tamén lle obrigaron a inxerir aceite de ricino.
Raposeiras Álvarez, Celso (Vilalén): Foi procesado no ano 1937 acusado de rebelión militar e declarado en rebeldía, posiblemente por ter desertado do Exército franquista.
Raposeiras Álvarez, Isolino (Vilalén): Canteiro e fundador da “Sociedad de Trabajadores y Oficios Varios” de Tomonde; foi concelleiro e síndico suplente en 1931 e na Fronte Popular. Perseguido.
Raposeiras Álvarez, Benigno (Vilalén): Detido en agosto de 1936, estivo preso en Pontevedra como preventivo. Acusado de rebelión, sufriu un xuízo pola xurisdición militar en 1937 e foi condenado a 12 anos de prisión. Cumpriu parcialmente a condena na Illa de San Simón ate xullo de 1940.
Regueiro Otero, Jesús (Tomonde): Xastre e afiliado ao PSOE. Acusado de rebelión militar, foi procesado no ano 1937 e declarado en rebeldía. Posteriormente, foi condenado a morte por desertar do exército nacional e seica salvou a vida pola mediación do crego Antonio Rodríguez Fraíz.
Rey Tato, José (Loureiro?): Curmán de Darío Tato Fernández, secretario do Ateneo Libertario de Vallehermoso en 1936. Detido o 22/4/1939 en Madrid por pertencer á devandita entidade, foi procesado en Madrid con Darío o 10/7/1940 polos mesmos motivos descoñecéndose a condena.
Rodríguez Alonso, Angel Lino, mestre nacional en Bugarín, suspendido do seu cargo en setembro 1936 durante seis meses. Ingresou o 10 de setembro de 1936 na Falange de Cerdedo, onde continuaba en 1945.
Rodríguez Barral, Manuela: Depurada do seu cargo de mestra nacional en Vilarchán. En setembro de 1936 reintegrouse ao seu posto.
Rodríguez Liripio, Daniel (Vilalén): De profesión labrador, detido e ingresado xunto co anterior no Cuartel da Garda Civil de Forcarei. Estivo preso preventivo en Pontevedra a partir de novembro de 1936 e foi procesado por “auxilio a la rebelión” en Causa Sumarísima. Condenado a 12 anos de reclusión temporal, cumpriu parcialmente a condena na Illa de San Simón, en San Marcos ou Astorga (León) e na cadea de Santiago. Saíu en liberdade vixiada en agosto de 1940.
Rodríguez Quintillán, José (Tomonde): Mestre de obras (“buxa”) de profesión. Como preso preventivo estivo internado ate xuño de 1937 no depósito municipal de Forcarei. Logo foi procesado polo militar en 1937 acusado de “auxilio a la rebelión” e condenado a 12 anos de cadea. Segundo Antonio Rodríguez Fraiz, de quen era curmán, estivo internado na Colonia Penitenciaria da Illa de San Simón, onde coñeceu á súa dona, unha das moitas mulleres solidarias de A Portela (Cesantes). No ano 1940, xa en liberdade vixiada, foille incoado Expediente de Responsabilidades Políticas e, posteriormente no ano 1951, emigrou a Brasil e Venezuela.
Rodríguez Rivas, Manuel (Folgoso): Comerciante, 46 anos, ingresou na cadea provincial de Ourense o 28/12/36 apresado polos Carabineiros; ficou en liberdade o 17/1/1937.
O Rubio? (Barro de Arén): Presidente da “Sociedad de Canteros y Marmolistas” de Lourido. Foi perseguido tras a guerra, pasando moitas dificultades para traballar con normalidade.
Senra Taboada, Manuel (Folgoso): Comerciante, exiliado primeiro en Cuba e logo (1940) en México DF, onde xa residían dous irmáns.
Sieiro Sanmamed, Manuel, mestre nacional de Abelaíndo, suspendido do seu cargo en setembro de 1936. Foi detido e procesado en Pontevedra acusado de rebelión sendo a causa sobresida, polo que ficou en liberdade. Foi trasladado durante dous anos fora da provincia.
Sieiro Sueiro, Manuel (Deán): Foi concelleiro e 3º tenente de alcalde tras outubro de 1934, até a Fronte Popular. De tendencia moderada, porén foi mallado polos falanxistas cerdedenses, por non facer o saúdo fascista.
Simal Figueroa, José (Castro do Medio): Membro destacado do Centro Republicano Radical Socialista de Cerdedo, primeiro, e de “Izquierda Republicana” no devalo da República. Obxecto de extorsións na taberna do Outeiro, tivo que se agachar nunha palleira e nun muíño no Castro do Medio, logo dunha tentativa de asalto e tiroteo contra o seu domicilio por parte dos falanxistas de Quireza, acontecida o 29/10/36. Pai de Constantino Simal Simal.
Simal Iglesias, Severino (Filgueira): De profesión canteiro, estivo preso preventivo dende agosto de 1936 ate xuño de 1937 no depósito municipal de Forcarei e logo trasladárono á Prisión provincial de Pontevedra. Foi procesado por rebelión militar no ano 1937 e condenado a 12 anos de reclusión temporal, que cumpriu parcialmente ate xullo de 1940 na Colonia Penitenciaria da Illa de San Simón. Tamén incoáronlle un Expediente de Responsabilidades Políticas naquel ano e foi sometido a vixilancia por delación do crego da parroquia. Emigrou a Brasil no ano 1952.
Simal Nieto, Manuel “Pequeno” (Vilar): Canteiro. Estaba a traballar en Catalunya cando estalou a Guerra Civil. Perseguido tras a vitoria dos franquistas, desapareceu, posiblemente exiliado en Francia.
Simal Penelas, Benigno (Figueroa): Canteiro, cadro sinalado da “Sociedad de Agricultores y Obreros `El Trabajo´” (CNT). Masón en activo. Figuraba na “lista negra” xunto con Francisco Arca Valiñas, Secundino Bugallo Iglesias e Jesús Bugallo Merza, para ser asasinado o 13 de agosto de 1936; avisado, logrou fuxir ao monte salvándose dunha morte segura. No verán de 1936 e tras unha estancia en Riocaldo (Lovios) protexido por un contratista veciño de Loureiro, logrou embarcar nun transatlántico en Vigo para se exilar en Arxentina. Moi activo nas actividades solidarias coa República durante a Guerra Civil naquel país sudamericano, chegou a presidir a comunidade galega de Río de la Plata, localidade onde faleceu sen retornar á súa terra.
Simal Sieiro, Amancio (Castro do Cabo): Tenente do Exército Republicano. Ferido nunha perna e prisioneiro ao rematar a guerra, rispou por pouco da morte xa que ao ser apresado queríano botar por un barranco. Salvado por un veciño de Castro, que era falanxista e Alférez Provisional, chamado Nilo Sieiro Sieiro.
Simal Simal, Constantino (Castro do Medio): Mestre nacional na Botica-Quireza. Afiliado a “Izquierda Republicana” (apoderado nas eleccións da Fronte Popular) e Presidente honorario da “Sociedad de Agricultores y Obreros “La Alianza” de Quireza, foi secuestrado o 5/10/36 xunto co primeiro alcalde franquista, Gerardo Lorenzo, e despois mallado en Sabucedo por falanxistas da Estrada encabezados por Manuel Castro Pena, xa que teimou en opoñerse aos seus abusos. Máis tarde, foi obxecto de extorsións por parte dos falanxistas de Quireza. Non foi depurado do seu cargo; no ano 1945, figuraba inscrito na Falange de Cerdedo. Casado coa mestra María Dolores Paz Garrido.
Sueiro, Benjamín (Limeres): Directivo da Cooperativa agraria que existía en Lourido pertencente á “Sociedad de Agricultores y Obreros”, confiscada polos falanxistas. Perseguido polos facciosos, tivo que se agachar nunha casa de Doade (Beariz) para evitar represalias.
Sueiro Bouzas, Camilo (Limeres): Fillo do alcalde republicano Antonio Sueiro Cadavid. Foi movilizado polos “nacionais”, desertando e pasando posteriormente ao exilio.
Sueiro Iglesias, Manuel (Limeres): Naceu en 1890, era carpinteiro e logo exerceu de mestre vivindo fora de Cerdedo. Estivo radicado dende 1919 en Verín e, máis tarde, en Ourense, onde dirixiu un centro privado de ensino, a coñecida “Academia General”. Militante do Partido Radical Socialista e colaborador da progresista “Asociación de Trabajadores de la Enseñanza de Orense” (ATEO). Foi protexido polo cabo da Guardia Civil de Cerdedo Avelino Sánchez, que lle aconsellou se agachara xunto co seu fillo José na súa casa de Limeres, cando o 12 de agosto de 1936 chegaron ao cuarteliño de Cerdedo 4 falanxistas de Ourense para levalo á cadea provincial. Logo de dous anos protexido polos veciños e baixo supervisión do cabo Sánchez, chegou a Cerdedo a orde de detención dende Ourense e decidiu entregarse o 27/4/1938; fixo a viaxe acompañado do devandito guardia civil para asegurarse de que non lle pasaría nada. Ao cabo, ingresou o 28/4/1938 na cadea provincial de Ourense e foi liberado o 25/5/1938. Logo, foi sometido a expediente de depuración que o inhabilitou para a docencia. Tamén padeceu a incautación da súa academia e da súa conta bancaria en Ourense.
Toimil Ferrer, Luis (Cerdedo):Natural de O Ferrol, ano 1936 era mestre en Cerdedo logo de ter exercido durante a República na provincia de Ourense. Foi depurado e suspendido por tres meses de emprego e retribución polo gobernador militar daquela provincia. Posteriormente reincorporouse ao seu posto e ingresou na Falange en decembro de 1937, malia ser sometido a vixilancia por delación do crego da parroquia de Castro. Foi alcalde de Cerdedo no ano 1942, delegado do Frente de Juventudes e secretario de FE en 1938, dimitido aos poucos. O seu irmán Pedro, tamén mestre na provincia de Ourense e simpatizante comunista, sufriu igual medida.
Troitiño, Laureano (Cerdedo): Estivo no Exército Republicano na zona de Tarragona e Castellón. Logo da contenda, pasou un tempo nun Batallón Disciplinario.
Troitiño Bello, Vicente (?): Estivo internado como preso de guerra na cadea militar do Hospital Antiguo de Pamplona.
Varela, José Mª. (Meilide): Logo do golpe militar fuxiu a Asturias onde loitou no bando republicano. Tras a caída do Principado exiliouse en Francia e non retornou á súa terra.
Varela Buela, Francisco, “Don Paco”, (Cerdedo): Militante destacado do PSOE. Procesado en Consello de Guerra e condenado a morte en 1936, a pena foille conmutada pola de trinta anos de cadea. Preso nun inicio en Cerdedo e Pontevedra, estivo tamén unha tempada na Illa de San Simón, onde semella foi obxecto de extorsión por parte do director Fernando Lago Búa. Logo de estar na prisión de Burgos e nas minas de Silleda, ficou en liberdade provisoria en 1944. Mestre de profesión con praza en Cerdedo, foi depurado e suspendido do seu cargo en setembro de 1936, sendo expulsado de maneira definitiva do Maxisterio en 1940. Para sobrevivir deu clases aos fillos dos carrilanos en Campobecerros (A Gudiña) e Lubián, onde estivo moi vixiado pola Garda Civil. Sometido primeiro a Expediente de Responsabilidad Civil en 1938, transmutado en Expediente de Responsabilidades Políticas, debeu pagar unha multa de 400 pts.
Varela Nieto, Antonio (A Revolta): Músico e carpinteiro, tocou nas bandas de Cavenca, Cerdedo e Ponferrada, onde residiu ate o golpe militar. Concelleiro polas esquerdas na localidade berciana, tivo que fuxir ao monte e, logo, á súa localidade natal, Cerdedo. Alí pasou agachado toda a contenda e, ao seu remate, presentouse á Guardia Civil sen maiores consecuencias.
Varela Pérez, José Mª. (Cavenca): Canteiro, antigo combatente en África. Participou na Guerra Civil loitando no bando republicano, pois cadroulle traballando en Madrid. Represaliado ao final da contenda, debeu traballar na construción do Valle de los Caídos.
Veloso Duque, Aparicio (natural de Bestelo/Couso, Portugal, domiciliado en Folgoso): xornaleiro, 16 anos. Ingresou na cadea provincial de Ourense o 28/12/1936 e ficou en liberdade o 6/1/1937.
Vidal Peleteiro, Claudino: Mestre nacional en Pedre, de ideoloxía republicana e socialista. Foi suspendido do seu cargo en setembro de 1936, depurado e confirmado no seu posto só en 1940.
Vilas Sueiro, José Mª.,O Pesco”, (Figueroa): Canteiro, estaba afiliado ao “Sindicato Único del Ramo de la Construcción” de Madrid (CNT), ao Ateneo Libertario de Vallehermoso e á “Sociedad `El Trabajo´” de Figueroa (CNT). O golpe militar colleuno en Madrid, onde traballaba xunto con outros veciños no enlousado das rúas. Fixo a guerra voluntario primeiro na Columna del Rosal e logo na 39 Brigada Mixta, 153 Batallón, do Exército Republicano do Centro e rematou a guerra de carabineiro. Ao finalizar a contenda estivo algúns meses preso e tras obter a liberdade condicional debeu se presentar a diario no cuarteliño da Garda Civil de Cerdedo. Emigrou a Arxentina a fins dos anos 40.
Vilas Sueiro, Aniceto (Figueroa): Incorporado á Guardia de Asalto en Madrid, foi escolta persoal de Manuel Azaña no devalo da República (xunto co finado tenente Castillo) e durante a guerra. Acadou o grao de coronel dos gardas motorizados en Catalunya e foi obxecto de Consello de Guerra unha vez rematada a contenda, saíndo absolto. Formou parte da masonería. Irmán de José Mª., estaban emparentados con Secundino Bugallo “O Cambo”.
RADIOGRAFÍA DA REPRESIÓN FRANQUISTA NO CONCELLO DE FORCAREI (1936-1953)
Mortos:
Armada (A Ponte):Chofer do ómnibus da familia López de Cachafeiro, detido nos primeiros días do golpe militar e confinado no Cuartel da Guardia Civil de Forcarei. Morreu aos poucos polos malos tratos recibidos.
Balado Gil, José (?): Tenente do BON 219, albanel, afiliado ao PCE e á CNT, asasinado o 4 de novembro de 1937 no porto do Acebo (Fonsagrada).
Bugallo Lois, Manuel (Cobas):Miliciano do Batallón 219 “Galicia”, canteiro afiliado á UGT, asasinado o 4 de novembro de 1937 no porto do Acebo (Fonsagrada).
Caamaño (Soutelo de Montes): Foi detido no seu lugar de traballo en Zaragoza ao comezo da Guerra Civil, debido aos malos informes emitidos pola Falange local dende Soutelo de Montes. A fins do ano 1936, foi asasinado sen xuízo e dado por desaparecido.
Cachafeiro Fernández, Florentino (?):Miliciano do Exército Popular da República en Asturias, fusilado o 23 de novembro de 1937, con posterioridade á caída da fronte do Norte.
Canabal, Manuel (A Hermida):Canteiro emembro destacado da “Sociedad de Agricultores y Oficios Varios “La Unión Redentora”” (UGT) de Soutelo de Montes, distinguiuse polo seu labor sindical en Madrid. Segundo algunhas informacións sen confirmar, foi asasinado naquela capital polos falanxistas unha vez rematada a guerra.
Canabal Cachafeiro, Antonio (Acibeiro?): Apareceu o seu cadáver, segundo consta no rexistro civil de Quiroga (Lugo), no lugar de Campodola neste Concello. Morte dubidosa datada o 31 de maio de 1938. Irmán de José Canabal Cachafeiro?.
Cendón Barros, Cesáreo (Sanguñedo): Foi detido no seu lugar de traballo en Zaragoza ao comezo da Guerra Civil, debido aos malos informes emitidos pola Falange local dende Soutelo de Montes. A fins do ano 1936, foi asasinado sen xuízo e dado por desaparecido.
Cendón Barros, José (Sanguñedo): Estivo nun Destacamento Penal de traballos forzados no camiño de ferro de Villablino-Ponferrada. Rematada a condena e imposibilitado de facer vida normal, tomou o camiño do exilio americano.
Cendón Pernas, Manuel (Sanguñedo): Idem Cesáreo Cendón Barros. Curmán do anterior.
Crespo (Gaxín-Cachafeiro): Zapateiro de profesión,detido nos primeiros días do golpe militar e confinado no Cuartel da Guardia Civil de Forcarei. Morreu aos poucos polos malos tratos recibidos.
Díaz Bugallo, Maximino (Millarada): Canteiro, afiliado á UGT. Foi sarxento de milicias no Exército Popular da República en Asturias. Foi asasinado en A Fonsagrada cando retornaba a Galiza. Soterrado na fosa común do cemiterio de A Fonsagrada.
González González, Jesús, “Pernas” (Soutelo de Montes): De ideoloxía republicana, estivo integrado na “Sociedad de Agricultores” de Soutelo, en cuxa representación asistiu ao Congreso Agrario celebrado no Porriño en 1931. Foi asasinado así mesmo en Alba o 11 de agosto de 1936.
Pampín García, Marcelino (?): Xornaleiro, 36 anos, apareceu morto por arma de fogo o 22 de setembro de 1936 na bisbarra de Ferrol e soterrado no cemiterio de Serantes. Foi inscrito no Rexistro Civil de Ferrol, onde consta que era natural de Forcarei.
Pedreira Pazos, Manuel: Natural de Celas de Peiro (Coruña) emestre de Meabia dende o ano 1935, estivo afiliado á FETE-UGT e ao PSOE xa dende 1931, ano no que exerceu como secretario da Agrupación Socialista de Pontevedra. Integrado na loxia masónica “Helenes nº7” de Pontevedra e moi activo como orador en diversos mitins na contorna, foi asasinado ao aplicárselle a “lei de fugas” naquela capital o 4 de setembro de 1936. Sancionado e expulsado do Maxisterio no ano 1938, a título póstumo.
Rivas Rey, Manuel (?):Sarxento do BON 219, canteiro de profesión e afiliado á UGT, asasinado o 4 de novembro de 1937 no porto do Acebo (Fonsagrada).
Taberneiro Fraiz, José Mª., “O Rolo”, (Vilapouca): Antigo emigrante en EEUU, onde traballou como picador na minería de carbón na zona dos Grandes Lagos a partir de 1920. Propietario dunha tenda, foi concelleiro do PCE en Forcarei no ano 1923 e durante a Fronte Popular formou parte da corporación municipal como segundo tenente de Alcalde, integrado no PSOE. Xunto con tres veciños de Cerdedo foi asasinado por falanxistas cerdedenses e souteláns no lugar de Alba, na estrada Pontevedra-Santiago, na noite do 11 de agosto de 1936. A muller nunca cobrou pensión por ser viúva.
Troitiño, Francisco (?): Membro cualificado de diversas colectividades cenetistas na provincia de Madrid. Segundo algunhas informacións sen contrastar, foi pasado polas armas na posguerra.
Villaverde Arca, José (¿?): Canteiro, apareceu o seu cadáver en Sarria (Lugo) o 10 de outubro de 1938, segundo consta no rexistro civil deste concello. Morte dubidosa.
Mortos loitando no exército republicano:
Barreiro Campos, Daniel (?): Miliciano do BON 219, de profesión canteiro, morto en combate en La Trecha-Las Regueras, na fronte de Oviedo, o 22 de febreiro de 1937.
Bértolo Soto, Vitorino (A Grela): Miliciano morto en combate en El Escamplero-Las Regueras, na fronte de Oviedo, o 21 de febreiro de 1937.
Bugallo Pérez, Manuel (?): Combatente do Batallón 219 “Galicia”, de profesión canteiro e afiliado á UGT, morto na Trecha-Las Regueras, na fronte de Oviedo, o 22 de febreiro de 1937.
Caramés Gosende, Gumersindo (Cachafeiro): Miliciano, residente en Riberas-Soto del Barco (Asturias), morto en combate en Las Adoratrices, fronte de Oviedo, o 3 de marzo de 1937.
Cardesín Fernández, Francisco (?):Miliciano do BON 219, mamposteiro afiliado á UGT, morto en combate en El Escamplero-Las Regueras, na fronte de Oviedo, o 21 de febreiro de 1937.
Dapena Carbajal, Francisco (Pardesoa): Miliciano no Exército Popular da República, morto en combate na fronte oriental de Asturias, o 27 de agosto de 1937.
Espiña, Francisco (Forcarei): Capitán do 5º Regimiento de Líster, afiliado á CNT. Faleceu en combate na fronte de Madrid no ano 1937.
Espiña, Manuel (San Marco):Combatente do Exército do Centro, morto en marzo de 1937 na toma de Brihuega aos italianos.
Gulías Gulías, Francisco (¿?):Combatente da 98 Brigada Mixta, 389 BON do Exército do Centro, afiliado ao “Sindicato Ünico de la Construcción” de Madrid (CNT) e ás “Juventudes Libertarias” de Cuatro Caminos, morto na fronte de Guadalajara en abril de 1938. Fichado na Sección Político-Social do Centro de Documentación histórica de Salamanca.
Lorenzo Fraiz, Jaime (Castrelo): Combatente do Exército Popular da República en Andalucía, morto en data e lugar descoñecidos.
Mínguez Barros, Manuel (?): Miliciano en Euskadi radicado en Alonsotegi, faleceu na fronte de Markina o 16/10/1936.
Persoas de fora que apareceron mortas no Concello de Forcarei no período 1936-1953:
Rilo Buján, José (Manduas/Silleda): Comerciante, do Partido Galeguista de Silleda. Torturado e asasinado na estrada de Acibeiro o día 16 de agosto de 1936.
Naturais e veciños de Forcarei mortos na zona republicana durante a Guerra Civil, vítimas civís de accions de guerra:
Janeiro Rozados, Manuel (?): Xornaleiro. Faleceu o 13/6/1937 en Barakaldo (Bizkaia), nun bombardeo. Está soterrado no cemiterio de Alonsotegi.
Unha primeira achega aos forcareicenses encadeados, perseguidos e exiliados:
Alberte Cachafeiro, Benito (Soutelo de Montes): Estivo preso na provincia de León (Prisión de Astorga ou San Marcos).
Alonso Amaro, Erundina (Vilariño de Millarada):Muller de Manuel Fraiz Villar, pasou varios meses detida en 1951 por colaboración coa guerrilla tras ser sometida a xuízo.
Alonso Cochón, Mª del Carmen: Depurada do seu cargo de mestra nacional de Acibeiro. En setembro de 1936 reintegrouse ao seu cargo.
Álvarez, José (Soutelo de Montes):De ideario comunista foi perseguido tras o golpe militar, polo que debeu andar escapado durmindo nun nicho baleiro do cemiterio de Soutelo. Logrou pasar á zona republicana e tras a derrota pasou ao exilio en Venezuela. Descoñecemos se é José Álvarez Cardesín, elixido concelleiro en maio de 1931 e continúa en marzo de 1934.
Arca Pereira, José (Meabia): Veciño de A Estrada nos anos 40, onde era propietario do bar “La Meabiense”. Aturou dous Consellos de Guerra en 1948 e 1949, acusado de axudar á guerrilla comunista que actuaba na zona (grupos de “O Corcheiro”, “Foucellas”, Eduardo Rueda Perosanz…). Malia ser absolto en ambos procesos, pasou nese período varios meses na cadea como preso preventivo.
Barreiro Chamosa, José (Chamosa): Canteiro, integrante do Sindicato “La Polar” durante a IIª República. Foi ingresado na cadea de Lugo o 14/9/1939, ficando libre o 15/5/1940. A resultas da caída do Comité Comarcal de Pontevedra do PCE en setembro de 1948, foi detido e acusado de constituír un Comité local do devandito partido en Cachafeiro. Procesado en Consello de Guerra o 30 de marzo de 1949, foi condenado a un ano de prisión menor, que cumpriu na cadea de Vigo.
Barreiro Rozados, Enrique (Meabia): Carpinteiro, exerceu como enlace dos grupos guerrilleiros comunistas (“O Corcheiro”, “Foucellas”, Eduardo Rueda Perosanz…) que actuaban entre Silleda, A Estrada e Forcarei nese período. Aturou dous Consellos de Guerra en 1948 e 1949, acusado de “auxilio a bandoleros”; malia ser absolto en ambos procesos, estivo varios meses na cadea como preso preventivo.
Barros Justo, Faustino: Depurado do seu cargo de mestre nacional de Ventoxo. En setembro de 1936 reintegrouse ao seu cargo. Afiliado a Falange durante a guerra.
Beloso Lage, Apolinar: Depurado do seu cargo de mestre nacional de Campo. En setembro de 1936 reintegrouse ao seu cargo. Afiliado a Falange durante a guerra.
Bértolo Candeira, Avelino (Alfonsín):Canteiro e afiliado á “Sociedad de Oficios Varios “La Lealtad” (UGT) de Presqueiras, incorporouse en Asturias ao BON 219 “Galicia”. Ao caer a fronte do Norte fuxiu ao monte e, tras ser detido, foi internado na Colonia Penitenciaria de El Dueso (Santoña). Avelino foi, asemade, directivo da Agrupación Socialista de Presqueiras (Forcarei) durante a República.
Bértolo Candeira, José (Alfonsín): Idem.
Bértolo Diz, Dolores (Sixto-Pardesoa): Detida tras a morte do mestre falanxista José Couceiro Taboada e a súa muller María Constenla Fariña a mans da guerrilla o 7/1/1949, acusada de encubridora. Sometida a Consello de Guerra en Pontevedra o 29/11/1949 por presunto auxilio a bandoleiros. Un irmán seu, Francisco, foi cabo das Milicias Gallegas do Exército Republicano.
Blanco, Laureano: Depurado so seu cargo de mestre nacional de Millarada. En setembro de 1936 reintegrouse ao seu cargo.
Brea Cabada, Amado (Valadelo-Castrelo): Membro dunha cooperativa agraria, tras o golpe militar fuxiu ao monte. Cando se presentou á Guardia Civil, ficou preso no cuarteliño 1-2 semanas, ata que a intervención de Sabino Mariño conseguiu liberalo co compromiso de se presentar naquel cuartel periodicamente durante un ano.
Bobillo González, María: Depurada do seu cargo de mestra nacional de Forcarei. En setembro de 1936 reintegrouse ao seu cargo. Estaba casada co antigo Alcalde Sabino Mariño Pereira.
Bugallo Iglesias, Manuel (Barciela-Castrelo): Irmán de Secundino Bugallo, asasinado na Ponte do Barco (Pedre). Retornado dos EEUU, tiña boa posición económica como propietario dun serradoiro na Barciela (Castrelo-Forcarei); cóntase que foi o primeiro en ter unha radio na contorna. Xestor interino no Concello durante a Fronte Popular. Acusado de masón, foi extorsionado e moi perseguido. En agosto de 1936 salvouse de ser “paseado” unha noite polos falanxistas forcareicenses encabezados por Francisco Filgueiras, polo aviso do cura da Barciela; porén, os falanxistas levaron á súa muller, que foi maltratada e ameazada de morte para que o descubrira. Tivo que se exiliar nos EEUU dende Lisboa no verán de 1937.
Bugallo Pérez, José (?): Canteiro. Combatente republicano, procesado en Asturias tras a caída da fronte do Norte, sendo declarado en rebeldía. Detido en Ourense o 19/11/1937, foi internado primeiro na cadea provincial, logo na cadea do Mosteiro de Celanova e por último no campo de traballo do Cumial (Ourense), onde ingresa o 15/3/1938 sendo excarcerado o 5/10/1938.
Bugallo Pérez, Luis (?): Canteiro. Combatente republicano, procesado en Asturias tras a caída da fronte do Norte, sendo declarado en rebeldía. Detido en Ourense o 19/11/1937, foi internado primeiro na cadea provincial, logo na cadea do Mosteiro de Celanova e por último no campo de traballo do Cumial (Ourense), onde ingresa o 15/3/1938 sendo excarcerado o 5/10/1938.
Bugallo Sineiro, Mª Luisa: Depurada do seu cargo de mestra nacional de Liñares. En setembro de 1936 reintegrouse ao seu cargo.
Cabada, José (San Marco): Fillo de Antonio Cabada e sobriño de César e José María Cabada. Estivo durante a Guerra Civil en Catalunya co seu tío, ao que acompañou no exilio francés. Tamén foi obrigado a traballar no campo en territorio alemán. Rematada a contenda mundial, exiliouse co seu tío primeiro a Francia e posteriormente a Venezuela.
Cabada Cabada, Antonio (San Marco): Canteiro e capataz de obras, participou no asalto ao madrileño Cuartel da Montaña e durante a contenda estivo integrado en diversas unidades do Exército Popular da Republica do Centro, maiormente no 2º Ligero de Vicálvaro como xefe de abastecementos. Militou de maneira destacada no Partido Comunista e pasou máis de tres anos en diversas prisións (Madrid,…), acusado da morte de dous contratistas souteláns en Madrid, acusación que resultou ser falsa. Cando saíu da cadea, exiliouse en Venezuela onde faleceu.
Cabada Cabada, César (San Marco/Vilapouca): Estudante en Madrid no intre do golpe militar. De simpatías socialistas, participou no asalto ao Cuartel da Montaña e logo estivo en varias unidades do Exército Republicano do Centro os tres anos de contenda. Rematada esta, foi xulgado por un tribunal militar por prófugo e condenado a facer de novo o servizo militar.
Cabada Cabada, José María (San Marco): Irmán do anterior, guardia de asalto destinado en Catalunya durante a República e a Guerra Civil. Exiliouse en Francia tras a derrota, sendo apresado polos alemáns que o retiveron como traballador forzado na agricultura durante boa parte da IIª Guerra Mundial. Cando finalizou a contenda, marchou a Venezuela, onde finou.
Cabada Porto, Pedro (Soutelo de Montes): Tras a guerra foi obxecto dun Expediente de Responsabilidades Políticas, sobresido en 1944 por atoparse no estranxeiro, exiliado.
Cabada Porto, Ángel (Soutelo de Montes): Estivo nos anos 40 como enlace na guerrilla de Foucellas, co nome de Fernando Varela Cabada. Enfermo de tise, puido se exiliar en Venezuela no ano 1949.
Cachafeiro Cachafeiro, Mª Teresa: Depurada do seu cargo de mestra nacional de Acibeiro. En setembro de 1936 reintegrouse ao seu cargo.
Cachafeiro Gulías, Daniel (Millarada): Xornaleiro, arrestado en decembro de 1936 na Coruña cando tentaba embarcar para Colombia sen ter a documentación en regra. Foi procesado pola xurisdición militar acusado de auxilio á rebelión, sendo sobresida a Causa de xeito provisorio. Non estivo asociado durante a República.
Cachafeiro Gulías, Enrique (Millarada): Xornaleiro, arrestado en decembro de 1936 na Coruña cando tentaba embarcar para Colombia sen ter a documentación en regra. Foi procesado pola xurisdición militar acusado de auxilio á rebelión, sendo sobresida a Causa de xeito provisorio. Non estivo asociado durante a República.
Caldera Manzano, Jacinto: Mestre de Millarada, depurado e sancionado con suspensión de emprego e soldo e traslado en marzo de 1938, seica porque tras as eleccións da Fronte Popular criticou a un cura. Tamén se distinguiu como dirixente da sociedade agraria de Vilar.
Calvo, Amalia (Soutelo de Montes):Rapada ao cero polos falanxistas e o crego da Magdalena Aquilino López Picón por ter levado a bandeira republicana o 1º de maio de 1936.
Canabal Cachafeiro, José (Acibeiro):Canteiro de ideas anarcosindicalistas, debeu andar fuxido polo monte nos primeiros intres da Guerra Civil, ata que conseguiu entrar en territorio republicano pasando por Portugal. Combateu en diversas unidades do Exército Popular da República e, tras a derrota, pasou a Francia onde foi internado no campo de concentración de Tarne et Garonne. Exiliado naquel país, residiu en Tarbes militando na Confederación Regional Galaica da CNT no exilio e non retornou nunca á súa terra.
Canabal Troitiño, José (Andón):Canteiro, combateu no bando republicano e foi internado tras a caída da fronte de Cataluña no campo de Barcarés, sito no Mediodía francés. Exiliouse en Brasil no ano 1950, tras residir en Salies du Saiat no Departamento do Haut Garonne.
Casado Gil, Manuel (A Madanela): Canteiro e veciño de Sanguñedo. A guerra civil o colle traballando en Madrid e participa inicialmente na contenda na Columna del Rosal. Xulgado en Madrid con Darío Tato Fernández e José López Muradás en Consello de Guerra celebrado o 10/7/1940. Aparece no listaxe da Falange de Forcarei?.
Castillo Ferreira, Ramón: Mestre de Liñares-Castrelo, suspendido tres anos de emprego e soldo en 1936, e separado do servizo en 1940.
Cebreiros Moreno, Felisa: Depurada do seu cargo de mestra nacional de Dúas Igrexas. En setembro de 1936 reintegrouse ao seu cargo.
Correa, Manuel (Outeiro): Fixo a guerra no exército republicano, onde exerceu cargos de responsabilidade. Coa derrota foi procesado e, posteriormente, encadeado nun penal da provincia de Pontevedra.
Chamosa Rey, Jesús (A Ponte): Canteiro. Traballaba no camiño de ferro Zamora-Ourense, en Lubián. Fuxido a Portugal nos primeiros días do golpe militar, foi preso no posto da policía política portuguesa (PVDE) de Bragança o 4/8/36 e internado no forte de San Joâo de Deus, daquela capital portuguesa. Puido saír de Lisboa no “Nyassa” o 10/10/36 e desembarcou pouco despois en Tarragona.
Chan Ortigueira, Josefa: Depurada do seu cargo de mestra nacional de Alfonsín. En setembro de 1936 reintegrouse ao seu cargo.
Dapena Fraiz, Darío (Millarada): Canteiro e vicesecretario da “Sociedad de Agricultores y Oficios Varios `Defensa y Justicia´” (UGT) de Millarada, arrestado en decembro de 1936 na Coruña cando tentaba embarcar para Colombia sen ter a documentación en regra. Foi procesado pola xurisdición militar acusado de auxilio á rebelión, sendo sobresida a Causa de xeito provisorio.
Dapena Pichel, Manuel Mª (Millarada): Xornaleiro, arrestado en decembro de 1936 na Coruña cando tentaba embarcar para Colombia sen ter a documentación en regra. Foi procesado pola xurisdición militar acusado de auxilio á rebelión, sendo sobresida a Causa de xeito provisorio. Non estivo asociado durante a República.
Dapena Quintillán, Avelino (Chamosa):Albanel, loitou no BON 219 “Galicia” e foi sometido a dous Consellos de Guerra en Asturias tras a derrota republicana no outono de 1937. Na mesma fronte pero no bando franquista, estivo o seu irmán Camilo, que actuou como guardia cívico no verán de 1936.
Dapena Seara, José Mª. (Ventoxo):Albanel, a contendasorprendeulle xunto cos seus irmánstraballando en Catalunya. Malia que non se enrolaron no exército republicano, pasaron a Francia onde estiveron nun campo de concentración. Pouco antes da IIª Guerra Mundial os tres irmáns decidiron retornar a España, e foron recluídos ata o outono de 1939 nos campos de concentración de Miranda e San Pedro de Cardeña. Logo, foron incorporados ata 1940 no Batallón de Trabajo 127 para facer pistas nos vales de Roncal e Salazar, con domicilio en Vidangoz no Pirineo navarro. Os seus irmáns Arturo e Adenso saíron libres nesa data, pero José María aínda pasou dous anos máis no Batallón Disciplinario de Soldados Trabajadores nº 14 radicado en Lesaka (Navarra). Unha vez libre, emigrou a Panamá cos seus irmáns Manuel e Adenso e alí se nacionalizaron no ano 1951; logo, recalaron no Brasil no ano 1952.
Dapena Seara, Arturo (Ventoxo): A contendasorprendeulle xunto cos seus irmánstraballando en Catalunya. Malia que non se enrolaron no exército republicano, pasaron a Francia onde estiveron nun campo de concentración. Pouco antes da IIª Guerra Mundial os tres irmáns decidiron retornar a España, e foron recluídos ata o outono de 1939 nos campos de concentración de Miranda e San Pedro de Cardeña. Logo, foron incorporados ata 1940 no Batallón de Trabajo 127 para facer pistas nos vales de Roncal e Salazar, con domicilio en Vidangoz no Pirineo navarro. Os irmáns Arturo e Adenso saíron libres nesa data.
Dapena Seara, Adenso (Ventoxo): Albanel, a contendasorprendeulle xunto cos seus irmánstraballando en Cataluña. Malia que non se enrolaron no exército republicano, pasaron a Francia onde estiveron nun campo de concentración. Pouco antes da IIª Guerra Mundial os tres irmans decidiron retornar a España, e foron recluídos ata o outono de 1939 nos campos de concentración de Miranda e San Pedro de Cardeña. Logo, foron incorporados ata 1940 no Batallón de Trabajo 127 para facer pistas nos vales de Roncal e Salazar, con domicilio en Vidangoz no Pirineo navarro. Os irmáns Arturo e Adenso saíron libres nesa data. Unha vez libre, seguiu o mesmo roteiro que os seus irmáns José María e Manuel.
Dapena Viéitez, Isaura “da Bernardina” (Aldea de Arriba-Soutelo de Montes):Rapada ao cero polos falanxistas e o crego da Madalena Aquilino López Picón por ter levado a bandeira republicana o 1º de maio de 1936.
Dobarco, Secundino (Presqueiras): Secretario da “Agrupación Socialista Obrera ´La Lealtad¨ de Presqueiras en abril de 1936, foi perseguido nos primeiros días do golpe, polo que se tivo que agachar no monte e nas minas de estaño de Presqueiras. O seu domicilio foi rexistrado varias veces polos falanxistas de Cerdedo e Presqueiras.
Doval Cosme, Constante (Cachafeiro): Canteiro, integrante do Sindicato “La Polar”. Loitou en Asturias no exército republicano. Tras a derrota pasou por un campo de concentración estremeño, alén doutros centros de reclusión. Casado con Edelmira López Varela.
Doval Gulías, María (?): Detida tras a morte do mestre falanxista José Couceiro Taboada e a súa muller María Constenla Fariña a mans da guerrilla o 7/1/1949, acusada de encubridora. Sometida a Consello de Guerra en Pontevedra o 29/11/1949 por presunto auxilio a bandoleiros.
Eiriz López, José (Millarada): Canteiro, foi detido en Forcarei no mes de agosto de 1939, tras participar na guerra civil no Exército republicano na zona Centro, acadando o grao de tenente.
Escobar Lemos, Restituto: Depurado do seu cargo de mestre nacional de Acibeiro. En setembro de 1936 reintegrouse aos eu cargo.
Espiño Gulías, María (?): Detida tras a morte do mestre falanxista José Couceiro Taboada e a súa muller María Constenla Fariña a mans da guerrilla o 7/1/1949, acusada de encubridora. Sometida a Consello de Guerra en Pontevedra o 29/11/1949 por presunto auxilio a bandoleiros.
Fernández Guerra, José (Sanguñedo): Labrador, 39 anos, residente en Señorín-O Carballiño. Detido pola Guardia Civil na súa localidade de residencia primeiro o 20/7/36 e logo 12/8/37, ingresando o mesmo día na Prisión Provincial de Ourense.
Fernández Rozados, Manuel (Meabia): Industrial, veciño do Cruceiro-Meabia. Aturou dous Consellos de Guerra nos anos 1948 e 1949, acusado de “auxilio a bandoleros”; malia ser absolto en ambos procesos, estivo varios meses na cadea como preso preventivo.
Fernández Varela, Félix (?): Procesado nun Batallón de Zapadores en Sevilla, por non se presentar na Caja de Recluta de Pontevedra, en abril de 1937.
Fernández Vispo, Ángel (Dúas Igrexas): Canteiro. Afiliado á CNT, traballou no camiño de ferro no tramo de A Gudiña, e colleu unha pequena contrata na localidade de O Pereiro-A Mezquita, onde casou. A comezos de febreiro de 1937 ingresou na cadea de Verín; trasladado o 20/2/37 á Provincial de Ourense, foi xulgado por rebelión militar o 31/5/1937, sendo absolto. Daquela, pasou á disposición do delegado gobernativo que o mantivo ata o 5/7/1937 na cadea de Ourense, pasando logo á prisión central de Celanova ata o 15/3/1938, data na que foi trasladado ao campo de traballo de O Cumial. Recuperou a liberdade en torno a 1940, aproveitando unha das amnistías do réxime franquista.
Fernández Vispo, José (Dúas Igrexas): Canteiro. Afiliado á CNT, traballou no camiño de ferro no tramo de A Vilavella e residía no Pereiro en xullo de 1936. Xulgado en Ourense por auxilio á rebelión o 31/05/1937, sendo declarado en rebeldía.
Fernández Vispo, Raimundo (Dúas Igrexas): Canteiro. Afiliado á CNT, traballou no camiño de ferro no tramo de A Vilavella e residía no Pereiro en xullo de 1936. Xulgado en Ourense por auxilio á rebelión o 31/05/1937, sendo declarado en rebeldía.
“O Fino” (Vilar/Soutelo de Montes):Detido nos primeiros días do golpe por declararse republicano.
Fraiz Fernández, Severino (¿?): Detido en Forcarei en novembro de 1937, acusado de participar na guerra no bando republicano na fronte de Asturias.
Fraiz Gamallo, Manuel (¿?): Canteiro. Combatente republicano, procesado en Asturias tras a caída da fronte do Norte, sendo declarado en rebeldía. Detido en Ourense o 19/11/1937, foi internado primeiro na cadea provincial, logo na cadea do Mosteiro de Celanova e por último no campo de traballo do Cumial (Ourense), onde ingresa o 15/3/1938 sendo excarcerado o 5/10/1938.
Fraiz, Morgade, Manuel (?): Pertenceu ás Milicias Gallegas do Exército Republicano. Rematada a Guerra Civil, pasou a Francia e estivo ingresado no campo de refuxiados de Argeles (1939) formando parte da 1ª Compañía, Grupo Gallego e, posteriormente, no campo de Vernet d´Arriege. No verán de 1939, exiliouse en México.
Fraiz Rivas, Jesús (Cachafeiro): De profesión canteiro, antigo integrante do “Sindicato “La Polar” durante a República. Detido en Forcarei en novembro de 1937, acusado de participar na guerra no bando republicano na fronte de Asturias
Fraiz Sieiro, Luis (Vilariño de Millarada):De profesión labrego.Detido en xaneiro de 1949 por posuír propaganda comunista relacionada coa guerrilla, foi xulgado no ano devandito en Consello de Guerra acusado de “auxilio a malhechores”; non obstante ser absolto, pasou varios meses no depósito municipal de Lalín e na cadea de Pontevedra como preso preventivo. No ano 1951 estivo varios meses en prisión acusado de colaborar coa guerrilla de “Foucellas”, tras ser xulgado na Coruña pola xurisdición militar.
Fraiz Villar, Manuel (Vilariño de Millarada):Fillo de Luis Fraiz Sieiro, foi condenado en Consello de Guerra celebrado na Coruña en 1951 a un ano de prisión, por colaboración coa guerrilla.
Gamallo Simal, Donosa Josefa: Depurada do seu cargo de mestra nacional de Cachafeiro. En setembro de 1936 reintegrouse ao seu cargo.
García Taboada, Daniel (Quintillán): Foi encausado en rebeldía o 22 de setembro de 1936, debido ao achádego duns cartuchos de dinamita nunha súa finca. Se lle instruíu Expediente de Responsabilidades Políticas no ano 1941.
Garrido Eirín, Amparo: Depurada do seu cargo de mestra nacional de Castrelo. En setembro de 1936 reintegrouse ao seu cargo.
González Rey, José (Cachafeiro): Canteiro, integrante do “Sindicato “La Polar” durante a IIª República. A resultas da caída do Comité Comarcal de Pontevedra do PCE en setembro de 1948, foi detido e acusado de constituír un Comité local do devandito partido en Cachafeiro. Nas torturas rebentáronlle os puntos dunha operación recente. Procesado en Consello de Guerra o 30 de marzo de 1949, foi condenado a un ano e seis meses de prisión menor, que cumpriu na cadea de Vigo.
Graña Gulías, José (?): De oficio albanel, exerceu como primeiro tenente de Alcalde durante a Fronte Popular. Foi xulgado o 11 de setembro de 1936 en Vitoria por tenencia ilícita de armas e condenado a 19 anos de prisión. Estivo en San Cristóbal-Pamplona e na cadea de Orduña.
Gulías Troitiño, Manuel (Soutelo de Montes):Canteiro, 38 anos, casado.Combatente republicano, foi procesado en Asturias tras a caída da fronte do Norte, sendo declarado en rebeldía. Detido en Oviedo o 19/11/1937 pola Guardia de Asalto, foi internado o 15/3/1938 no campo de traballo de O Cumial, despois do 14/9/1938 na cadea provincial de Ourense e posteriormente no Mosteiro de Celanova o 5/10/1938.
Gutiérrez Barreiro, Vicente (Cotaredo-Forcarei):Foi un dos membros fundadores da “Sociedad de Agricultores y Oficios Varios `La Polar´”. Panadeiro ecarteiro de Forcarei, sometido a expediente polo Goberno Civil en decembro de 1938. En 1940 foi separado do servizo e dado de baixa no escalafón.
Gutiérrez Calvo, Manuel: Labrador. Detido e ingresado na cadea de Ourense o 4/1/1949. Foi xulgado en Consello de Guerra na Causa 11/1949, por colaborar coa guerrilla.
Gutiérrez Chamosa, José Mª. (Cotaredo-Forcarei): Electricista, era Presidente da “Sociedad de Agricultores y Oficios Varios `La Polar´” cando se produciu o golpe militar. Internado no depósito municipal de Forcarei, foi posto a disposición da autoridade gobernativa en marzo de 1937.
Gutiérrez Mansilla, Prudencio: Depurado do seu cargo de mestre nacional de Dúas Igrexas. En setembro de 1936 reintegrouse ao seu cargo.
Iglesias Álvarez, Alfredo (Alfonsín):Dirixente da “Agrupación Socialista Obrera” e da “Sociedad de Oficios Varios `La Lealtad´” (UGT) de Presqueiras e canteiro de profesión, exerceu como líder agrario e obreiro no Concello de Forcarei dende os anos vinte do século pasado ate a Guerra Civil. Primeiro tenente de alcalde no Concello de Forcarei polo PSOE antes da Ditadura de Primo de Rivera, repetiu como xestor interino do Concello na Fronte Popular. Detido en Codeseda (A Estrada) tras o golpe militar, foi xulgado nun Consello de Guerra e condenado a cadea perpetua. Estivo preso máis de catro anos en A Estrada, Pontevedra, San Simón, Penal de San Cristóbal (Pamplona) e a Colonia Penitenciaria de El Dueso (Santoña). Con posterioridade, entre setembro de 1940 e agosto de 1943, se lle aplicou a prisión atenuada no seu domicilio de Presqueiras e na localidade leonesa de Villablino, e, ao cabo, ficou en liberdade condicional no verán de 1943. En 1938, foi obxecto dun Expediente de Responsabilidad Civil sendo condenado a unha multa de 200 pts.
Iglesias Blanco, José (Guisande): Fillo de Alfredo Iglesias Álvarez. De ideas socialistas, residía en Madrid no intre do golpe militar, polo que loitou durante toda a Guerra Civil no Exército Republicano. Rematada a contenda, estivo preso varios meses tras o que retornou a Presqueiras antes de se exiliar en Venezuela a comezos dos anos 40, unha vez que pasou clandestinamente a fronteira francesa por Irún.
Iglesias Blanco, Manuel (Guisande?): Procesado en Sevilla nun Batallón de Zapadores por non se presentar na Caja de Recluta de Pontevedra, en abril de 1937.
Iglesias Ogando, José: Depurado do seu cargo de mestre nacional de Vilar. En setembro de 1936 reintegrouse ao seu cargo.
Igrexas Frecha, Manuel: Depurado do seu cargo de mestre nacional de Cachafeiro. En setembro de 1936 reintegrouse ao seu cargo. Afiliado a Falange durante a guerra.
Lola (?) (Agrela de Millarada): Torturada polos falanxistas souteláns na cheka da Praza dos Xuíces Merinos, para que delatase ao seu home, que estaba no monte. Segundo algunhas fontes orais, pode ser irmá dalgún dos forcareicenses asasinados no Acebo, en Fonsagrada (Maximino Díaz Bugallo?).
López Cores, Ángel (Vilariño de Millarada):Combatente no Exército Republicano e afiliado á CNT. Xulgado na Coruña polo militar en 1951, pasou dous anos na cadea por colaboración coa guerrilla. Torturado durante os interrogatorios.
López López, Laureano: Depurado do seu cargo de mestre nacional de Presqueiras. En setembro de 1936 reintegrouse ao seu cargo.
López Muradás, José (Portela de Lamas): Canteiro, afiliado á CNT. A guerra civil o colle en Madrid e participa inicialmente como voluntario na Columna del Rosal. Xulgado en Madrid con Darío Tato Fernández e Manuel Casado Gil en Consello de Guerra celebrado o 10/7/1940.
López Varela, Fermín (Cachafeiro):Mestre de Pardesoa, pertencente ao PSOE e á FETE-UGT. Detido nos primeiros intres da contenda civil, estivo preso 9 ou 10 meses no depósito de Cerdedo e na Escuela Normal de Pontevedra. Logo, incautáronlle a súa biblioteca e foi depurado e expulsado do Maxisterio en 1940. A partir de entón, tivo moitos problemas para dar clases particulares en Soutelo de Montes, debido a continuas denuncias por parte de mestres falanxistas. Aos seus pais confiscáronlles un ómnibus sen indemnización, e á súa irmá Edelmira (militante do PCE) os falanxistas quixeron cortarlle o pelo ao rape en Forcarei. Veuse implicado na caída do PCE en setembro de 1948, sufrindo un traslado ao cuartelillo da Guardia Civil de Lalín, de triste lembranza.
López Varela, Jesús (Cachafeiro):Irmán do anterior e simpatizante comunista, foi detido e trasladado a Lalín en 1948, no transcurso da caída que afectou ao PCE en toda a provincia de Pontevedra. Posteriormente exiliouse en Venezuela.
López Varela, Josefina (Cachafeiro): Irmá dos anteriores. Foi detida a fins dos anos 40, acusada de colaborar coa guerrilla de “Foucellas”, sendo trasladada ao cuartelillo de Lalín. Exiliouse en Venezuela a partir de 1949.
Lorenzo Fraiz, Francisco (Liñares-Castrelo):Canteiro de profesión, loitou co grao de tenente no Exército Republicano en diversas unidades no Centro, Levante e Andalucía, . Preso no campo de concentración de Los Almendros (Alicante) ao remate da contenda, foi condenado a morte, sentenza conmutada máis tarde; non obstante, pasou algún tempo no Castelo de Santa Bárbara e na cadea de Elche. Logo, voltou ao seu Castrelo natal debéndose presentar periodicamente no cuartel da Guardia Civil de Cerdedo.
Lubián Villanueva, Julio: Depurado do seu cargo de mestre nacional de Quintillán. En setembro de 1936 reintegrouse ao seu cargo.
Mariño Pereira, Sabino (Cotaredo-Forcarei): Avogado e alcalde de Forcarei ata xullo de 1934, data na que dimitiu ao ser nomeado Delegado Provincial de Trabajo na Coruña mercé á influencia de Emiliano Iglesias; porén, seguiu de concelleiro no municipio. Próximo aos liberais-demócratas na alborada republicana, exerceu como apoderado das dereitas nas eleccións de febreiro de 1936. Logo do alzamento militar substituíu ao derradeiro Alcalde republicano, Francisco Gamallo Racamonde, ao ser nomeado o 25 de xullo daquel ano Delegado de Orden Público. En marzo de 1937 foi denunciado polos seus antecedentes políticos e por facilitar, supostamente, documentación a catro veciños de Millarada de ideas esquerdistas que desexaban emigrar a América. Procesado por auxilio á rebelión, foi absolto pero resultou despoxado do seu cargo e debeu pagar unha multa de 10.000 pts, que depositou en agosto daquel ano. En 1941, afiliado á Falange, foi obxecto dun Expediente de Responsabilidades Políticas, do que foi indultado. Posteriormente, mediados os anos 40, exerceu como Xuíz Municipal en sintonía coas novas autoridades.
Mato (A Estrada): Mancebo da botica de Soutelo de Montes, detido nos primeiros días do golpe militar e maltratado no cuartel da Guardia Civil de Forcarei. Era de “Izquierda Republicana”.
Méndez Méndez, José “O Cambote” (Pardesoa): Xornaleiro natural de Camba-Rodeiro, pero afincado en Soutelo de Montes. Detido tras a morte do mestre falanxista José Couceiro Taboada e a súa muller María Constenla Fariña a mans da guerrilla o 7/1/1949, acusado de encubridor. Foi torturado nos interrogatorios en Pontevedra. Sometido a Consello de Guerra en Pontevedra o 29/11/1949.
Méndez Rodríguez, Benito: Mestre de Acibeiro, expulsado do Maxisterio en 1937 e obxecto dun Expediente de Responsabilidades Políticas do que foi indultado no ano 1941.
Méndez Rodríguez, Isolina: Mestra de Dúas Igrexas, suspendida de emprego e soldo en 1936 e logo expulsada en 1940.
Montes Barcia, Eugenio: Depurado do seu cargo de mestre nacional de Canivelas. En setembro de 1936 reintegrouse ao seu cargo.
Montes Barcia, Sebastián: Depurado do seu cargo de mestre nacional de Cernadelo. En setembro de 1936 reintegrouse ao seu cargo.
Morgade, José (Cachafeiro?): Foi detido na caída do PCE en setembro de 1948.
Muradas Ogando, Manuel (Portela de Lamas): Albanel, 63 anos. Detido pola policía secreta en Ourense o 6/2/1940. Ingresa na cadea provincial de Ourense procedente da Comisaría de Policía o 8/2/1940, e fica en liberdade o 20/2/1940.
Muras Barreiro, Jesús (Dúas Igrexas): De profesión cereiro e tamén mineiro, veciño no ano 1949 do concello ourensán de Sarreaus, lugar de O Freixo. Detido tras a morte do mestre falanxista José Couceiro Taboada e a súa muller María Constenla Fariña a mans da guerrilla o 7/1/1949, acusado de enlace da mesma, pasou dous meses na cadea provincial de Pontevedra como preso preventivo, sen que fora procesado.
Novo Cerviño, María: Depurada do seu cargo de mestra nacional de Canivelas. En setembro de 1936 reintegrouse ao seu cargo.
Pardo Fernández, Manuel (Forcarei): Chofer con residencia na Estrada malia que nacera no Concello de Forcarei. De filiación socialista, foi procesado no ano 1937 por requisar armas no intre do golpe militar, sendo sobresida a causa de xeito provisorio.
Pena sen 2º, Manuel (Soutelo de Montes): 68 anos, labrador, domiciliado en Facós-Lobeira (Ourense). Detido o 17/9/1937 polos carabineiros e ingresado na Prisión Provincial de Ourense o 18/9/1937. Recuperou a liberdade o 29/12/1937. Reingresou na mesma cadea tras ser detido pola Guardia Civil en Facós o 27/7/1939.
Penas Varela, José Mª (Soutelo de Montes): Xuíz municipal, comerciante e axente de embarques. Afecto ao alzamento militar, foi non obstante detido e ingresado na Prisión Provincial de Pontevedra a fins de decembro de 1936, acusado de proporcionar documentación a catro veciños que desexaban embarcar para América por temor a ser perseguidos, xa que figuraban como socios da “Sociedad de Agricultores y Oficios Varios” (UGT) de Millarada. Foi posto en liberdade sen cargos en marzo de 1937.
Pepa “de Aurora” (Soutelo de Montes):Rapada ao cero polos falanxistas e o crego da Madalena Aquilino López Picón por ter levado a bandeira republicana o 1º de Maio de 1936.
Pérez, Ramón (Cachafeiro?): Loitou en Asturias, no bando republicano. Tras a caída do Norte, regresou a Forcarei e foi perseguido, de maneira que pasou máis de dous anos agachado no monte. No ano 1939 presentouse, e morreu aos poucos dunha pulmonía.
Pérez Sabor, José: Depurado do seu cargo de mestre nacional de Forcarei. En setembro de 1936 reintegrouse ao seu cargo. Afiliado á Falange durante a guerra.
“O Petelo” (Soutelo de Montes): Detido nos primeiros días do golpe por se declarar republicano.
Presas Fernández, Gunmersindo (Sanguñedo): Labrador. Detido e ingresado na cadea de Ourense o 4/1/1949. Foi xulgado en Consello de Guerra na Causa 11/1949, por colaborar coa guerrilla.
Quintillán Cardesín, Francisco (Sorribas-Forcarei):Da familia dos “Cereiros” de Sorribas, canteiro, membro do “Sindicato Único da Construcción” de Madrid (CNT) e da FAI da capital do Estado. En Forcarei estaba afiliado á “Sociedad de Agricultores y Oficios Varios `La Polar´”, chegando a ostentar na Fronte Popular o cargo de vicesecretario. Integrado nun principio nas Milicias Confederales e logo en diversas unidades do Exército do Centro, ao rematar a contenda foi xulgado e pasou once anos na cadeas de Burgos e Santoña, para rematar facendo estradas no Pirineo vasco-navarro nun Batallón de traballos forzados.
Quintillán Cardesín, Dionisio (Sorribas):Vello líder agrarista de tendencia republicano-socialista pertencente á familia dos “Cereiros” de Sorribas, afincouse dende comezos dos anos vinte do século pasado en Poio, onde foi secretario municipal e mesmo deputado provincial. No intre do golpe militar exercía como secretario do Concello de Poio e salvou a vida mercé á intervención dos Mercedarios do Convento, sendo confinado primeiro na cadea de Pontevedra e logo durante varios anos, ate 1941, en Ribadavia, onde traballou en malas condicións nun obradoiro de cadaleitos. Suxeito a Expediente de Responsabilidades Políticas a comezos dos anos 40, debeu se enfrontar á pretensión dos franquistas de expropiarlle as súas propiedades.
Quintillán Rey, Dionisio (Sorribas/Poio): Fillo do anterior, foi arrestado en Poio no mes de setembro de 1948 nunha redada contra o Comité Comarcal de Pontevedra do PCE, procesado en marzo de 1949 e condenado a un ano de prisión menor que cumpriu na cadea de Vigo. Un irmán seu, José, foi cabo das Milicias Gallegas do Exército Republicano.
Rivas Basteiro, Francisco: Mestre de Meabia, suspendido tres anos de emprego e soldo; probablemente expulsado do Maxisterio.
Rodríguez Mariño, Donoso (A Ponte-Forcarei):Canteiro de ideario socialista e membro fundador da “Sociedad de Agricultores y Oficios Varios “La Polar” de Forcarei no ano 1933; no comezo da República, encabezaría así mesmo a “Sociedad de Agricultores y Oficios Varios `El Porvenir´” de Forcarei, sendo elixido xestor interino nas eleccións municipais do 14 de Abril de 1931. Foi detido nos primeiros intres do golpe militar.
Rodríguez Pérez, María: Depurada do seu cargo de mestra nacional de Pardesoa. En setembro de 1936 reintegrouse ao seu cargo.
Saborido Taboada, Angelina: Depurada do seu cargo de mestra nacional de Forcarei. En setembro de 1936 reintegrouse ao seu cargo.
Santamaría Pesqueira, María: Depurada do seu cargo de mestra nacional de Meabía. En setembro de 1936 reintegrouse ao seu cargo.
Seara Castro, Eladio (?):Canteiro afiliado á UGT e integrado no BON 219 “Galicia”, co que participou na defensa de Asturias. Tras a caída da fronte do Norte, continuou loitando noutras unidades do Exército republicano ata que, en 1939, debeu se exiliar en Francia. Rexistramos a súa presenza a comezos daquel ano no campo de concentración de Septfonds.
Soto Varela, Enrique (?): Procesado en Villablino (León) por deserción e traizón en abril de 1937.
Taboada Cachafeiro, Francisco: De Folgoso, con dous irmáns, Jesús e Manuel, falanxistas. Depurado do seu cargo de mestre nacional de Forcarei. En setembro de 1936 reintegrouse ao seu cargo, foi mobilizado e no ano 1938 foi nomeado Alférez Provisional. Emigrou a México en 1947.
Taboada Tabanera, Isidro: Depurado do seu cargo de mestre nacional de Leboso. En setembro de 1936 reintegrouse ao seu cargo.
Touriño Gómez, Manuel: Depurado do seu cargo de mestre nacional de Codesás. En setembro de 1936 reintegrouse ao seu cargo.
Varela, José Mª. (Soutelo de Montes): Antigo emigrante en San Francisco (EEUU), a guerra sorprendeuno traballando en Madrid. De ideario socialista, loitou no exército republicano e, tras a derrota, foi encausado con Antonio Cabada e outros acusado da morte de dous contratistas souteláns en Madrid. Tras pasar pouco tempo na cadea, foi exculpado.
Varela Fraiz. Secundino (Vilar, Millerada): Labrador, 36 anos. Ingresou na cadea provincial de Ourense o 5/5/1938 e foi liberado o 9/7/1938.
Varela Míguez, Mª del Pilar: Depurada do seu cargo de mestre nacional de Guisande. En setembro de 1936 reintegrouse ao seu cargo.
Varela Soto, Enrique (Soutelo de Montes): Foi encausado en rebeldía en abril do ano 1937 por traizón e deserción; estivo preso na provincia de León (Prisión de Astorga ou San Marcos).
Varela Varela, Camilo (?):Electricista de profesión, foille incoado un Expediente de Responsabilidades Políticas no ano 1940.
Vázquez Rey, Manuel (Soutelo de Montes): Canteiro, 37 anos, afincado en Santianes de Pravia (Asturias). Detido en Pravia pola Guardia Civil o 22/10/1937, ingresou na cadea provincial de Ourense o 14/9/1938 para pasar ao Penal Central de Celanova o 5/10/1938.
Vázquez Rey, Ramón (Soutelo de Montes):Canteiro e afiliado á UGT afincado en Riera de Somiedo (Asturias), tivo o grado de capitán no BON 219 “Galicia”. Tras a desfeita do Exército Republicano, foi obxecto de Consello de Guerra e condenado á pena de morte, conmutada o 3 de xullo de 1939. Estivo na cadea de El Coto (Oviedo) e na de Coruña.
Vázquez Soto, Domingo (Cernadelo-Presqueiras): Canteiro, 34 anos, casado, foi ingresado na cadea de Ourense por orde do Gobernador Militar o 9/11/1944 e foi inculpado nun proceso militar “por averiguación de conducta”, sendo sobresido sen formación de Consello de Guerra. Ficou en liberdade o 17/1/1945.
Vázquez Troitiño, Manuel (?): Detido tras a morte do mestre falanxista José Couceiro Taboada e a súa muller María Constenla Fariña a mans da guerrilla o 7/1/1949, acusado de encubridor. Sometido a Consello de Guerra en Pontevedra o 29/11/1949 por presunto “auxilio a bandoleros”.
Viéitez Firvida, Manuel “O Velliscos” (Soutelo de Montes):Xestor interino no Concello durante a Fronte Popular.Detido nos primeiros días do golpe por se declarar republicano.
Viéitez Caramés, Donoso (Forcarei):Xulgado en Pontevedra o 13 de maio de 1937 por rebelión militar, foi condenado a 30 anos de cadea, que cumprirá en San Simón e o penal de San Cristóbal (Pamplona). En 1940 estaba en réxime de prisión “atenuada”, conmutándolle a condena por 4 anos correndo 1942. Era xastre de profesión e residía en Silleda, aínda que nacera en Forcarei.
Vilar Vilas, Alfredo (Millarada): Incorporado en San Fernando (Cádiz) a unha unidade de Infantería de Marina do exército nacional, foi encausado en rebeldía polo delito de deserción en abril de 1937.